Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.187 novas da área temática Cultura:

04/12/2025 | 16:30 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre a consulta pública a nova Lei de Bibliotecas e do Patrimonio Bibliográfico de Galicia

A normativa busca renovar a regulación destes centros e o seu valor dentro do ecosistema cultural galego tendo en conta os cambios sociais das últimas décadas

04/12/2025 | 15:10 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Rede Galega de Teatros e Auditorios contribúe con cinco espectáculos á nova temporada escénica do Teatro Principal de Santiago

O director de Industrias Culturais intervén na presentación da próxima programación semestral de Compostela Cultura, na que se inclúen nove funcións de ‘Reconversión’, ‘BenQuerer’, ‘O dragón de ouro’, ‘A historia vaxenial’ e ‘Artur Ui. O ovo da serpe’

04/12/2025 | 14:52 | Axencia de Turismo de Galicia

O artista Gilberto Santa Rosa, nomeado aos premios Grammy 2026, actuará no auditorio Mar de Vigo dentro da programación dos concertos do Xacobeo

A delegada da Xunta, Ana Ortiz, presentou este xoves a actuación do portorriqueño o vindeiro 18 de decembro na cidade

04/12/2025 | 14:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta leva a Madrid a iniciativa ‘O camiño do emprendemento musical’ cun evento que reunirá profesionais de referencia neste sector

O vindeiro xoves, 11 de decembro, a Casa de Galicia en Madrid acollerá a partir das 16,30 horas un evento no que emprendedores de referencia nacional e internacional vencellados á industria musical compartirán experiencias e talento

03/12/2025 | 20:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos celebra o liderado de Galicia en proxectos artísticos internacionais coa mostra conxunta de Kounellis no Es Baluard Museu de Palma

A Xunta destina preto de 50.000€ a esta revisión do legado do máximo expoñente da ‘Arte Povera’, que poderá verse nas respectivas capitais mallorquina e galega

03/12/2025 | 19:39 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Fundación Manuel Moldes amosa as ilustracións ‘Bicos de cine’ do pintor pontevedrés que conserva a Filmoteca de Galicia

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, interveu na inauguración da exposición que poderá verse en Pontevedra ata marzo de 2026

03/12/2025 | 16:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta iniciará nos vindeiros días os traballos de limpeza do Castelo de Corbeiroa

A actuación arqueolóxica contempla a eliminación da vexetación que medra na estrutura e na súa contorna inmediata

03/12/2025 | 12:58 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Andrés Rivas Rodís acada a primeira residencia de arte e ciencia impulsada pola Xunta e a USC

O artista compostelán desenvolverá o proxecto ‘Outro e sobre si’ para explorar o concepto da superposición cuántica desde a perspectiva das artes visuais