Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reivindica en Quebec o papel das rexións no futuro da Macrorrexión do Atlántico e reclama unha gobernanza europea máis descentralizada
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, defendeu na Asemblea Xeral da Comisión do Arco Atlántico unha maior participación das rexións no deseño das políticas europeas para o espazo atlántico
Belén do Campo asiste á entrega dos premios da XIII edición do concurso literario escola “Carta a un Militar Español”
A delegada da Xunta destacou o valor educativo dunha iniciativa que fomenta entre a mocidade o coñecemento das Forzas Armadas e dos valores do esforzo, o compromiso e o servizo público
A Xunta reforza a conexión da cidadanía galega no Brasil coas oportunidades laborais do tecido empresarial autonómico en sectores estratéxicos
José González salienta que esta nova edición da feira de emprego, que terá continuidade mañá en Salvador de Bahía, consolida esta iniciativa pioneira e contribúe á atracción de talento retornado e a afrontar retos como a cobertura de vacantes
Medio Rural participa no proxecto europeo CILUMES Interopera para mellorar a resposta ante os incendios forestais na fronteira con Portugal
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, asistiu hoxe á primeira xornada técnica desta iniciativa transfronteiriza que lidera a Junta de Andalucía, a cal se presentou onte en Sevilla
A Xunta destina máis de 35.600 € a dúas bolsas de formación en asuntos comunitarios na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas
Están dirixidas a persoas tituladas en Dereito e terán unha duración de 11 meses
Villaverde destaca o papel estratéxico da miticultura galega e reclama máis apoio europeo para o sector
Defende a inclusión da acuicultura no sector primario e, por tanto, a súa exclusión da Directiva de Servizos da UE
A Xunta explora oportunidades de investimento entre Galicia e Vietnam
As exportacións galegas ao país, fundamentalmente do sector metalmecánico e agroalimentario, acadaron o pasado ano os 11,8 millóns de euros