Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.072 novas da área temática Territorio:

07/08/2026 | 11:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao cambio de uso de solo forestal a agrícola de seis parcelas para o plantado de viñedos no Concello de Cambados

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o proxecto teña impactos significativos sobre a contorna sempre e cando se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

06/08/2026 | 15:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 820.000 euros as obras da senda na LU-234 ao seu paso por Ombreiro, no Concello de Lugo

Executarase nas marxes desta vía un itinerario de algo máis de 1,2 quilómetros de lonxitude de uso compartido peonil-ciclista entre a Ponte e Riazón, fomentando a mobilidade sustentable e mellorando a seguridade viaria

06/08/2026 | 12:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 190.000 euros as obras de humanización da contorna de Santa Baia de Berredo, no concello da Bola

A actuación, que se enmarca no Plan Hurbe da Xunta, permitirá intervir nos lugares de Anxá e A Eirexa

05/08/2026 | 10:54 | C. de Sanidade

A Xunta publica no portal de transparencia o proxecto de decreto de estrutura das áreas sanitarias do servizo galego de saúde que potencia a atención primaria e comunitaria e a enfermería

Todas as áreas sanitarias contarán cunha Dirección de Atención Primaria e Comunitaria que dependerá directamente da Xerencia 

04/08/2026 | 17:33 | Axencia de Turismo de Galicia

O comisario do Xacobeo 2027 inaugura en Samos a mostra Hospitalidade monástica, que recupera a memoria dos mosteiros como espazos de acollida

A acción forma parte dos proxectos culturais incluídos no programa O Teu Xacobeo que este ano conta cun investimento de 1M€

04/08/2026 | 17:16 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste preto de 73.000 euros na mellora das infraestruturas rurais no Concello de Crecente

Esta localidade recibiu esta achega económica ao abeiro das axudas destinadas a mellorar os servizos básicos no rural e fixar poboación

04/08/2026 | 15:11 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta achega máis de 500.000€ a 18 proxectos de embelecemento de empresas turísticas da área de Vigo

A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, visitou este xoves o Hotel Baiona, un dos beneficiarios das achegas