Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 301 novas da área temática Xustiza:

18/09/2025 | 14:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acudirá á vía xudicial se o Goberno Central non achega o expediente aberto pola Comisión Europea sobre a AP-9

Allegue anunciou que a Xunta se dirixirá tamén aos gobernos autonómicos de Asturias e Castela León para estudar a posibilidade de coordinar accións conxuntas para reclamar a liberalización das peaxes

13/09/2025 | 13:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta súmase ao recoñecemento ao labor das agrupacións de voluntarios de Protección Civil no concello de Cangas

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu ao acto de entrega de distincións a institucións e persoas que colaboran na Protección Civil no marco da celebración do patrón da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil 

13/09/2025 | 11:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova o convenio co Consello Galego dos Procuradores para compensar os gastos da asistencia xurídica gratuíta cun importe de 75.000€

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asina o acordo para a compensación aos profesionais designados en virtude de requirimento xudicial en procedementos penais cando non exista o recoñecemento do dereito á quenda de oficio

12/09/2025 | 14:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
11/09/2025 | 11:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza na implantación da Lei de eficiencia do servizo de xustiza nos xulgados das sete cidades galegas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións polas que se aproba a relación de postos de traballo da Secretaría de Goberno e das oficinas de xustiza, así como das oficinas xerais do Rexistro Civil, no marco da fase III da implantación da Lei de eficiencia xudicial 

05/09/2025 | 09:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 521.000 euros á renovación integral da cuberta do edificio xudicial de Lugo

A Plataforma de Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación da obra e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 1 de outubro  

03/09/2025 | 13:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o traballo do instituto de medicina legal de Galicia na emisión de valoracións e na aposta pola innovación e o intercambio de información

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, analizou no Parlamento os datos da memoria de actividade de 2024 do organismo, da que destaca o rexistro de 34.000 solicitudes e a emisión de máis de 27.100 informes

28/08/2025 | 13:56 | C. de Política Social e Igualdade
28/08/2025 | 13:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza nas obras da nova sede do Imelga en Santiago de Compostela nas que se invisten 8 M€

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, abordou con responsables da obra a evolución dos traballos no novo edificio

27/08/2025 | 11:24 | C. do Mar; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia comisa case 42 quilos de marisco en A Coruña e Ferrol

É o resultado de dous operativos contra o furtivismo na ría da Coruña e na ría de Ferrol que se saldaron con 10 persoas investigadas e coa tramitación de sete actas de sanción por infrinxir a Lei de Pesca de Galicia