Actualidade
Buscador de novas
A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia esclarece catro incendios no concello coruñes de Rois
No que vai de campaña, 13 persoas foron detidas ou investigadas pola UPA como presuntas autoras de lumes forestais
A Xunta publica novas resolucións das axudas para a transformación e modernización de frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías
O Diario Oficial de Galicia recolle as resolucións de ambas as liñas, que suman case 80 subvencións concedidas entre decembro e xuño por preto de 1,7M€
O concello de Xinzo de Limia participa na campaña estival “Un alento de vida” da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
O municipio ourensán acadou no 2025 un índice de 55 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano
Extinguido o incendio forestal do concello lucense de Ribas de Sil, parroquia de Soutordei
O lume iniciouse o sábado ás 18.22 horas e afectou finalmente 190 hectáreas, na súa maioría de monte raso
Máis de 600 persoas participan nas actividades que ofrece o centro sociocomunitario da Xunta en Vilalba
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, destacou o papel de dinamización social e cultural das instalacións, que inclúen programación propia e en colaboración co tecido asociativo e entidades da zona
A Xunta impulsa co programa ‘O Teu Xacobeo’ o I Open Internacional de Xadrez, que reúne en Lugo a un cento de participantes
Alfonso Villares visitou no Círculo das Artes a Fan Zone do torneo, que hoxe contou co gran mestre David Lariño, e realizou o saque de honra da xornada
A Xunta salienta o incremento nun 35,5 % da poboación de gaivota patiamarela no Parque Nacional das Illas Atlánticas durante o último ano
Durante o reunión, presentáronse os resultados do censo 2025-2026 desta especie, que amosou un crecemento excepcional en Ons, se mantén no caso do arquipélago Cíes e se consolida en Sálvora, a illa con máis presenza desta especie