Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca a remodelación e ampliación do pavillón polideportivo municipal San Marcos de Abegondo como unha actuación estratéxica para o deporte na comarca
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou as actuacións que se están a levar a cabo no recinto cunha achega de 700.000 euros do Goberno galego a través da liña de apoio a proxectos estratéxicos da convocatoria do ano pasado
A Xunta reforza o apoio a TDAH Salnés para seguir dando visibilidade os trastornos de déficit de atención e hiperactividade
A directora xeral de Persoas con Discapacidade lembrou que o Goberno Galego traballa co tecido asociativo para ofrecer ferramentas e servizos ás persoas con esta condición
A Xunta pon en valor nunha exposición da Fundación Cela o papel de Padrón na rodaxe de ‘La Casa de Troya’
O director xeral de Cultura destaca que “se trata dun dos primeiros audiovisuais galegos e que se converteu nun fito cultural imprescindible do seu tempo”
Allegue visita Cortizo e asegura que “o futuro pasa pola construción industrializada das vivendas”
Allegue destacou a traxectoria de máis de 50 anos deste grupo empresarial, do que destacou que está presente en moitas das obras de vivenda pública da Xunta a través do deseño, fabricación e distribución de sistemas de aluminio
A Xunta achégalle os oficios artesanais á xuventude a través do campamento de verán ‘Arte nas mans’
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, achegouse hoxe ata a segunda edición da iniciativa que se está a desenvolver en Allariz, dirixida a persoas de entre 18 e 30 anos
A Xunta salienta o rol da industria do papel para avanzar cara á economía circular e na consecución dos obxectivos climáticos de Galicia
Ángeles Vázquez sinala que o papel é un material especialmente axeitado para os principios da economía circular xa que é renovable, reciclable, biodegradable e reintegrable en novos ciclos produtivos
A Xunta e a Fundación Bieito Ledo reforzan a capacidade de acollida aos peregrinos do Camiño Mozárabe cun novo albergue situado en Xunqueira de Ambía
O futuro albergue situarase na localidade de Padroso e terá capacidade para oito persoas
Manuel Pardo supervisa o estado das obras para a mellora de espazos públicos no concello de Muíños, nas que a Xunta inviste máis de 440.000€
O delegado da Xunta en Ourense explicou que esta actuación lévase a cabo no lugar de Muíños, parroquia de San Pedro de Muíños, na contorna de elementos do patrimonio cultural, do patrimonio natural (Reserva da Biosfera transfronteiriza Xurés-Gerés), de varios regatos, e de liñas eléctricas
Fabiola García denuncia que o Goberno central recórtalle a Galicia o 82% dos fondos para a atención aos menores migrantes non acompañados
Explica que a comunidade galega recibirá 740.000 euros, unha cantidade “que non supón nin o 5%” do que custa a atención no sistema de protección