Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca a importancia do ‘II encontro internacional de mulleres electas de Cabo Verde, Mozambique e Galicia’ para fomentar a colaboración entre as súas representantes
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE asistiu ao evento organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade co apoio do Goberno galego
A Xunta e o sector da construción únense no impulso das técnicas industrializadas
As xornadas congregaron onte e hoxe case 400 persoas e contaron con coloquios nos que se afondou en novos modelos construtivos como as técnicas industrializadas
A Xunta destaca que a campaña 2026 da PAC avanza a bo ritmo e crece en solicitudes con respecto a marzo de 2025
O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria da Consellería do Medio Rural compareceu a petición propia na Comisión 7ª do Parlamento para informar sobre esta cuestión e facer balance da xestión do Goberno galego nos últimos anos
Mar aborda coa confraría de Ribeira os principais retos do sector pesqueiro local
A lonxa ribeirense, unha das máis relevantes de Europa na pesca de baixura, comercializou en 2025 máis de 17,6 millóns de quilos de produto por valor de 43,5 millóns de euros
A Xunta destaca o escrupuloso coidado na protección da contorna do persoal que realizou os labores de conservación fluvial no río Ventoxo, en Forcarei
Os traballos desenvolvidos enmárcanse na planificación anual que realiza Augas de Galicia para o mantemento das canles fluviais da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa e incluíron tanto as tarefas de limpeza ordinarias como a restauración do camiño que discorre en paralelo, afectado polas intensas choivas
Rueda destaca que os fondos Leader mobilizaron 1.000 M€ nos últimos 35 anos e reivindica unha nova PAC que manteña o apoio ao desenvolvemento rural
Subliña que nestas máis de tres décadas permitiu “consolidar 7.300 empregos e crear outros 5.300”
López Campos visita os ensaios de ‘Hamlet’, espectáculo do Centro Dramático, que se estrea o 19 de marzo
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude valora que a compañía pública actualice o clásico de Shakespeare nunha nova versión galega