Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 33.978 novas:

13/03/2026 | 19:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Belén do Campo participa na entrega dos premios do XXI Concurso Literario Rita Suárez Amado no IES Eusebio da Garda

A delegada tivo palabras de agradecemento para a familia de Rita Suárez Amado, presente no acto, pola súa vontade de preservar a súa memoria a través deste concurso literario

13/03/2026 | 19:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que Pontevedra é a provincia con máis sendeiros azuis de España con 44 distintivos

Ángeles Vázquez pon en valor que Galicia volver ser, un ano máis, a comunidade autónoma con máis sendeiros azuis con 72 distintivos dos 194 de todo o país

13/03/2026 | 19:00 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Javier Arias avoga por poñer o foco no papel das mulleres no ámbito deportivo para avanzar na igualdade

O delegado territorial da Xunta en Lugo participou na clausura da xornada `Women in sports´, impulsada pola Fundación Familia Mathurin e a asociación Sagrado Corazón e celebrada na Delegación Territorial

13/03/2026 | 18:41 | C. do Medio Rural

Medio Rural destinou máis de 300.000 euros á mellora de camiños no concello de Portomarín desde 2020

A conselleira María José Gómez visitou hoxe as obras executadas ao abeiro do Plan Camiña Rural 2025-2026, cunha axuda de algo máis de 58.000 euros para mellorar os camiños no Mazo e Moreiras

13/03/2026 | 18:16 | C. de Sanidade
13/03/2026 | 17:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o pulo dinamizador ao comercio da Feira de oportunidades e de antigüidades da Estrada

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta tarde no acto de inauguración da 14ª Feira de oportunidades do comercio e 72ª Feira de antigüidades

13/03/2026 | 17:16 | C. do Medio Rural

A Xunta sinala a maquinaria de última xeración como ferramenta para fomentar o desenvolvemento rural

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal participou hoxe na inauguración da Asemblea Xeral de Ansemat, onde lembrou que o Goberno autonómico aposta de xeito firme pola modernización do rural