Actualidade
Buscador de novas
A Xunta licita por máis de 180.000 € o subministro de cinco sillóns de exploración e dúas torres endoscópicas para o servizo de otorrinolaringoloxía do Complexo Hospitalario da Coruña
A adquisición dos novos sillóns permitirá realizar exploracións de forma máis eficiente, segura e precisa
A ambulancia de soporte vital avanzado de enfermería do 061 con base en Moaña asistiu 171 persoas nos seus primeiros catro meses de actividade
Este recurso permite realizar traslados de pacientes e garante a prestación dos tratamentos axeitados durante o traxecto, sen necesidade de mobilizar os equipos de atención primaria
A Xunta confirma a presenza de larvas de mosquito tigre no concello de Mos a través da Rede Galega de Vixilancia de Vectores, REGAVIVEC
Desde a REGAVIVEC, e en colaboración co Concello, ampliarase a vixilancia deste vector colocando trampas para ver a extensión e abundancia do mosquito tigre en función dos criterios dos técnicos de Saúde Pública e dos expertos entomólogos
A Xunta lembra as recomendacións sanitarias para protexerse fronte ao fume e as cinzas procedentes dos incendios forestais
O emprego de máscaras, pechar portas e fiestras ou evitar ao máximo ás estadías no exterior son algunhas das recomendacións que traslada a Dirección Xeral de Saúde Pública
A Xunta publica a orde pola que se convocan axudas para proxectos de saúde pública no campo do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual
Increméntase o orzamento da orde de axudas en preto de 90.000 euros con respecto da anterior, ata chegar a alcanzar os 990.426 euros
O Servizo Galego de Saúde publica a relación provisional das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario
Resultaron admitidos neste procedemento 13.126 aspirantes
A Xunta restablece desde mañá o servizo sanitario en todos os centros de saúde de Ourense tras despregar catorce antenas satélite e ata 80 quilómetros de fibra para garantir as comunicacións
Desde mañá recupérase a plena normalidade tras un esforzo sen precedentes da Xunta para coordinar os recursos e garantir a asistencia nos centros sanitarios das áreas da provincia de Ourense nas que os incendios forestais afectaron a rede eléctrica e ás comunicacións
A Xunta informa da reorganización da atención sanitaria para este martes nos centros de saúde da provincia de Ourense afectados polos incendios
Debido á incidencia nas telecomunicacións, mantense a atención médica centralizada que se iniciou este luns nos centros cabeceira do Barco de Valdeorras, A Rúa, Viana do Bolo, A Pobra de Trives, Montederramo e Verín, que este martes concentrará tamén a atención médica de Laza e do consultorio de Vilaza (Monterrei)
A Xunta confirma a presenza de mosquito tigre no concello de Bueu a través da Rede Galega de Vixilancia de Vectores
O Concello de Bueu sumarase aos de Moaña, Vigo, Cangas, Redondela, O Porriño e Vilaboa como integrante do comité técnico do mosquito tigre
A Xunta licita por preto de 330.000 euros o subministro e instalación de lavacuñas termodesinfectadoras con destino ao Hospital Novo Montecelo
A Xunta compaxina a finalización da obra coa contratación do equipamento necesario para a posta en marcha do novo centro hospitalario