Actualidade
Buscador de novas
María José Gómez destaca o sector alimentario como un eido estratéxico para Galicia que supón o 6,4% do PIB
Sinalou así que este eido xera máis de 100.000 empregos e supera os 4.000 millóns de euros en exportacións
A Xunta impulsa en Chantada o uso da paisaxe e dos materiais locais para elaborar tintes naturais
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta tarde as persoas participantes no curso ‘Crear cor colleitando a paisaxe’, impartido pola artesá e historiadora Lala de Dios e pola artista téxtil colombiana Rosa Escobar
O delegado da Xunta continúa en Abadín a rolda de visitas institucionais aos concellos lucenses
Villares e López Rancaño abordaron algúns dos principais proxectos froito da colaboración entre ambas administracións, como a futura residencia municipal de maiores, á que o Goberno galego achegou 1,2 M€
A Xunta achega as profesións do mar ao alumnado do CEIP Cruceiro de Canido co programa ‘Un Mar de Profesións’
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou hoxe nun dos obradoiros deste programa, enmarcado dentro da iniciativa Movemento Azul da Consellería do Mar
A Xunta anuncia que os concellos que conten cun Plan local de acción polo clima terán prioridade na concesión de axudas públicas nesta materia en 2027
Ángeles Vázquez reitera o compromiso autonómico no apoio ás administracións locais para avanzar cara a municipios máis limpos, máis verdes, apostando pola mobilidade sostible, a eficiencia enerxética e a xestión responsable dos recursos
A Xunta somete a información pública o proxecto da senda peonil da PO-551 en Bueu
O orzamento supera os 875.000 euros e permitirá crear unha alternativa de ocio saudable para peóns e ciclistas
A Xunta investirá máis de 10 M€ en 23 obradoiros duais de emprego nos que se formarán 460 participantes de 57 concellos e catro mancomunidades da provincia de Ourense
Manuel Pardo salientou a importancia destas medidas, pois a maiores de formar a persoas con especiais dificultades de inserción laboral que desenvolven un traballo efectivo de interese público, poden obter un certificado de profesionalidade e, unha vez completen a formación, adquiren ferramentas para reforzar habilidades e competencias que respondan ás demandas do mercado laboral e permitan obter un emprego de calidade