Actualidad

Buscador de noticias

Tiene disponibles para la consulta 1.164 noticias de la área temática Comercio:

19/08/2024 | 10:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa este sábado en Sober a cuarta edición de Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra

O evento celébrase o sábado 24 de agosto no Santuario de Nosa Señora de Cadeiras (Sober), en horario de 11,00 a 21,00 h, co obxectivo de potenciar a comercialización do produto artesán galego, difundir os oficios tradicionais e consolidar a marca Artesanía de Galicia

18/08/2024 | 15:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a divulgación da Artesanía de Galicia na XIV Feira de artesanía e produtos da terra do Incio

O evento celébrase o próximo xoves 22 de agosto na Praza España do Incio, en horario de 11,30 a 16,30 h., co obxectivo de potenciar a comercialización do produto artesán galego, de difundir os oficios artesanais e de consolidar a marca Artesanía de Galicia

17/08/2024 | 13:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a iniciativa ‘Baiona en vela’ como exemplo de dinamización comercial e impulso do pequeno comercio local

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu hoxe á iniciativa da localidade pontevedresa

16/08/2024 | 20:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta incentiva as vendas no comercio de Verín ao abeiro das axudas para a dinamización dos centros comerciais abertos dotadas con 2,25 M€

O director xeral de Comercio e Consumo participou hoxe na campaña Móllate polo comercio organizada por CCU Aever Verín, a integración do Centro Comercial Urbano de Verín na Asociación de Empresarios e Empresarias desta localidade ourensá

16/08/2024 | 14:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta resalta o papel da olería tradicional no X Encontro de Cacharreiros de Niñodaguia

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na inauguración do X Encontro de Cacharreiros, que se celebra no Museo da Olería de Niñodaguia ata o domingo 18

16/08/2024 | 13:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza a súa aposta pola internacionalización ampliando o orzamento do programa Galicia Exporta Organismos Intermedios

A liña, que busca incentivar accións de promoción exterior, ven incrementado o orzamento en preto de 300.000 euros chegando case a 1,6M€

14/08/2024 | 17:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa os oficios artesanais tradicionais na Festa da malla de Lobios

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegáronse hoxe ata a VIII Festa da malla e da feira de artesanía e produtos locais organizada pola Asociación de veciños de Puxedo

13/08/2024 | 11:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que as empresas galegas poden seguir solicitando os apoios abertos para microformacións específicas axustadas ás súas necesidades

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, visitou o centro Saraiva Sénior, compañía beneficiaria do Bono Talento Empresa

11/08/2024 | 13:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o potencial do polbo como xerador de riqueza e emprego na 62ª ‘Festa do pulpo do Carballiño’

Sinalando que o polbo forma parte da nosa identidade, José González aludiu á súa importancia cultural en multitude de romarías a través do tradicional labor das polbeiras

10/08/2024 | 12:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aposta en Redondela por consolidar unha rede galega de ‘Mercados excelentes’ como eixes do comercio local e vertebradores do territorio

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou a praza de abastos desta localidade pontevedresa para dar a coñecer a orde de axudas dotada con preto de 1,3 millóns de euros e cuxo prazo de solicitude remata o próximo 19 de agosto