Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.443 novas da área temática Agricultura e gandería:

09/07/2025 | 18:08 | C. do Medio Rural

Medio Rural lembra que segue aberto ata o 14 de xullo o prazo para solicitar as achegas de recría de razas autóctonas ameazadas

María José Gómez explicou que o obxectivo destas achegas é apostar pola preservación do patrimonio xenético e produtivo, así como pola sustentabilidade no medio rural

08/07/2025 | 15:29 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca os 2,1 M€ en axudas a proxectos de investimento en actividades non agrícolas na súa visita á explotación gandeira Puluan

Esta liña de axudas da Consellería do Medio Rural beneficiará a pequenas empresas e persoas do rural, creando 56 novos empregos e consolidando 552

08/07/2025 | 15:28 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 36 M€ para a incorporación da mocidade ao agro e a mellora das súas explotacións

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá en Cedeira a explotación de Vanesa Dopico, beneficiaria das axudas dirixidas a agricultores mozos da anterior convocatoria

07/07/2025 | 14:54 | C. do Medio Rural

Medio Rural defende ante o Ministerio de Agricultura unha maior dotación de fondos específicos para favorecer a remuda xeracional no agro

A Xunta leva tempo desenvolvendo ferramentas para fomentar a remuda no rural, entre as que destacan as axudas para incorporación de mozos ao agro, plans de mellora e a posta en marcha do Banco de explotacións

05/07/2025 | 11:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

A Xunta urxe ao Goberno central a que conclúa o estudo de presións e impactos da contaminación por nitratos para actuar con rigor na declaración de zonas vulnerables

O Executivo galego lembra que coa información dispoñible na actualidade non é posible establecer de xeito fiable esas áreas e que é fundamental determinar se a presenza de nitratos se debe a causas naturais ou a actividades como a agricultura

04/07/2025 | 20:00 | Axencia de Turismo de Galicia; C. do Medio Rural

A Xunta suma prestixio ao PortAmérica cunha gastronomía e produtos de proximidade de calidade

Máis de 30 chefs internacionais participan nesta cita que une música, gastronomía e identidade galega

04/07/2025 | 14:44 | C. do Medio Rural

Medio Rural impulsará novas estratexias para fomentar o consumo dos produtos agroalimentarios de proximidade

A conselleira reuniuse co presidente da Asociación Galega de Grupos de Desenvolvemento Rural e presidente da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo para abordar un novo proxecto de carácter autonómico

03/07/2025 | 14:48 | C. do Medio Rural

O Centro Tecnolóxico da Carne, adscrito a Medio Rural, realizou no 2024 un total de 36 proxectos de I+D+i que beneficiaron 68 entidades do sector

A conselleira María José Gómez presidiu o Padroado do CTC, que tamén levou a cabo durante o pasado ano máis de 28.000 análises en laboratorio, dun total de 5.880 mostras, mediante a utilización de 59 técnicas analíticas