Actualidad

Buscador de noticias

Tiene disponibles para la consulta 1.425 noticias de la área temática Forestal:

13/08/2026 | 09:55 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal do concello lucense de Taboada, parroquia de Ínsua

O lume iniciouse ás 17,38 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 30 hectáreas

12/08/2026 | 20:00 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello lucense de Taboada, parroquia de Ínsua

O lume iniciouse ás 17,38 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas

12/08/2026 | 13:12 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda subliña que Galicia está preparada para vivir a eclipse de forma segura e apela á responsabilidade da cidadanía

Destaca o traballo conxunto co Goberno central para anticiparse e coordinarse co obxectivo de que “todo estea preparado e que todo o mundo poida desfrutar”

12/08/2026 | 10:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial en preto de 5,3 quilómetros de varios ríos, no concello pontevedrés de Poio

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 11 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos 

12/08/2026 | 09:17 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Carboentes

Este lume afectou finalmente unha superficie de 18,8 hectáreas, das cales 12,2 corresponden a monte arborado e as 6,6 restantes a raso

11/08/2026 | 16:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa un proxecto para por en valor a madeira galega na fabricación de instrumentos musicais

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, destacou as posibilidades que ofrece o produto local e a necesidade de promover este tipo de programas que conxugan investigación e innovación

11/08/2026 | 12:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta comproba a operatividade do novo dron subacuático e do robot de intervención antiincendios da Axega

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu a unha demostración do funcionamento desta dotación, adquirida ao abeiro do proxecto Atempo para mellorar a coordinación e a resposta dos servizos de emerxencias na cooperación transfronteiriza.

10/08/2026 | 20:53 | C. do Medio Rural

Medio rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20,30 h. de hoxe

Deuse por extinguido ás 19,42 horas de hoxe o incendio do concello ourensán de Baltar, parroquia de Garabelos do Bouzo, que afectou finalmente unha superficie de 138,82 hectáreas

10/08/2026 | 15:15 | C. do Medio Rural

Medio Rural acorda cos sindicatos melloras laborais de axentes e bombeiros do Servizo de Prevención de Incendios Forestais da Xunta de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asina os respectivos documentos esta mañá tras un proceso de negociación iniciado o pasado mes de abril