Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca que Galicia mantense entre as comunidades autónomas con mellores ratios de acollemento familiar de España
É a segunda rexión onde máis nenos e adolescentes en situación de desamparo poden vivir nun fogar cunha familia acolledora
Allegue supervisa a proba de carga no viaduto da autovía AG-53 sobre o río Barbantiño con 24 camións con case 1.000 toneladas de peso
A Xunta reabrirá esta tarde ao tráfico o treito do viaduto tras finalizar esta proba de carga que se vén desenvolvendo desde o pasado luns
Galicia conta con máis da metade de xestores de I+D+i con acreditación internacional rexistrados en España
Profesionais galegos dedicados á I+G+i achéganse nunha xornada organizada pola Xunta a novos modelos de transferencia de coñecemento do Reino Unido
O Servizo Galego de Saúde destaca que menos de 700 pacientes, dos preto de 8.000 que solicitaron cambio de Povisa ao Hospital Público Álvaro Cunqueiro, tiñan asistencia sanitaria pendente
Ademais, o 90 % procesos pendentes de atención son de baixa complexidade
‘Danza no Camiño’ leva a creación coreográfica galega e internacional a cinco concellos co apoio da Xunta
O festival itinerante desenvolverá en Galicia a súa recta final entre o 12 e o 17 de xullo, con funcións en Ferreira de Pantón, Tui, Ourense, Portomarín e Muxía
Rueda destaca a capacidade loxística e industrial de Galicia na chegada da multinacional SAIC
Sinala que as probas que se están desenvolvendo estes días son a evidencia tanxible da aposta da empresa pola comunidade autónoma e do inicio “dun proxecto industrial de longo percorrido chamado a transformar o futuro de Galicia”
Gómez Caamaño destaca o labor do punto de atención ao peregrino de Cruz Vermella en Portomarín, que o pasado ano prestou asistencia a preto de 1.000 camiñantes
Persoal sanitario realiza neste centro valoración e tratamento de feridas superficiais, rozaduras e bochas, aplicando tamén os primeiros coidados ante a fatiga e o sobreesforzo
A Xunta salienta que Galicia conta na actualidade con 2.300 residentes en formación sanitaria especializada, coa participación de máis de 1.200 titores e 3.800 colaboradores docentes
A Xunta rexistra un ano máis o seu récord de formación sanitaria especializada cunha oferta de 725 prazas na convocatoria 2026-2027
A Xunta pon en valor as bandas de música como piares da identidade e o patrimonio galego nas dúas beiras do Atlántico
López Campos destaca o papel crucial destas formacións como “dinamizadoras da cultura de base e vertebradoras da cohesión social das aldeas, vilas e cidades”
A Xunta anuncia a licitación este ano da rehabilitación integral do Colexio Luís Acuña de Ourense, cun investimento de máis de 1 M€
O secretario xeral técnico de Educación explicou que o proxecto está practicamente rematado e tramitarase como anticipado de gasto co fin de adxudicar a obra a principios de 2027