Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 33.933 novas:

09/03/2026 | 15:05 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda destaca que a Xunta reforza o seguimento das 600 empresas galegas que exportan a Oriente Medio e convoca a mesa de apoio loxístico

O Goberno autonómico mantén contacto permanente cos principais clústeres e asociacións empresariais afectados para coñecer a situación de primeira man e anticiparse ás posibles repercusións no comercio exterior galego

09/03/2026 | 14:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo supervisa as melloras de eficiencia enerxética de dous edificios municipais no concello de Dumbría realizadas cun apoio da Xunta de case 150.000 euros

A delegada explicou que esta achega do Fondo de Compensación Ambiental non competitivo permitiulles realizar obras na Casa de Cultura de Olveiroa e no local social de Bustelo

09/03/2026 | 14:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Manuel Pardo pon en valor o esforzo da Xunta a prol da prevención, autoprotección e resposta ante situacións de emerxencias

O delegado territorial da Xunta destacou o traballo levado a cabo desde a Xunta no que se refire ao desenvolvemento da planificación das respostas ante situacións de emerxencias, o fomento da autoprotección e a dotación de medios de intervención aos servizos de emerxencias; así como o labor do ISSGA

09/03/2026 | 14:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Manuel Pardo louva o programa ‘Fogar Vivo’ da Xunta para mobilizar vivendas baleiras da provincia de Ourense en réxime de alugueiro accesible

O delegado territorial destacou que na convocatoria anterior concedéronse 239 axudas por un importe de preto de 1,3M€ en  Galicia e máis de 184.000€ na provincia de Ourense

09/03/2026 | 13:16 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta axudou a impulsar catro negocios liderados por mulleres en Sarria o ano pasado con 40.000 euros de axudas do programa Emega

O delegado territorial, Javier Arias, explica que o obxectivo é impulsar o liderado feminino no eido laboral, con especial apoio ao emprendemento no rural, a iniciativas en sectores masculinizados e ás traballadoras maiores de 55 anos

09/03/2026 | 12:57 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e o Cloud.gal Ourense Baloncesto suman esforzos a prol da doazón de sangue

A entidade deportiva e a ADOS desenvolven esta semana unha campaña conxunta co propósito de fomentar a doazón de sangue altruísta entre os veciños e veciñas de Ourense

09/03/2026 | 12:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza o seu apoio á inserción laboral de persoas de colectivos prioritarios co programa Galicia Suma Talento: Emprégate

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá E. Riego, unha das empresas da zona que se beneficiaron o pasado ano desta convocatoria da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración