Actualidade
Buscador de novas
A Xunta apoia a investigación para a reprodución de oliveiras centenarias e produtivas autóctonas
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, reuniuse hoxe con promotores do proxecto para avanzar nesta iniciativa de impulso á olivicultura galega
Medio Rural salienta a acollida do matadoiro móbil de Galicia con máis de 200 servizos no seu primeiro ano de funcionamento
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou o matadoiro móbil que está a colaborar nos preparativos da XIX Festa do Carneiro ó Espeto de Feás, en Aranga
Rueda reivindica en Salvaterra de Miño o valor cultural e económico do sector vitivinícola galego como símbolo de identidade e calidade
Destaca o carácter estratéxico do sector, que conta con máis de 10.000 profesionais e case 450 adegas que elaboran viño baixo algún do cinco selos de D.O. ou indicación xeográfica protexida
Rueda destaca que a Xunta destina 36 M€ para seguir afondando na incorporación de mozos ao agro e a mellora das explotacións gandeiras
Sinala que a Xunta publicará axudas destinadas aos mozos beneficiados polas achegas de incorporación no 2024 aos cales non se lles aprobou o plan de mellora, cun orzamento de 5,5 millóns de euros
Medio Rural colabora coa Fundación María José Jove para crear conciencia sobre a importancia dos bosques autóctonos na loita contra o cambio climático
O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo vén de acoller a presentación do proxecto Reverdecer: ecofisioloxía vexetal e concienciación para a conservación dos bosques autóctonos