Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 663 novas da área temática Auga:

14/10/2026 | 19:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta pola información e a prevención para salvagardar bens, reducir danos e protexer as persoas ante o risco de inundacións

Roi Fernández lembra que o Plan de Xestión de Inundación de Galicia-Costa establece como obxectivo reducir e minimizar as consecuencias negativas destes episodios

09/10/2026 | 16:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta sinala as novas tecnoloxías como ferramenta clave para mellorar a capacidade de anticipación ante os desafíos ambientais

Ángeles Vázquez pon como exemplo o Plan galego de cartografía e información xeográfica 2026-2029 porque coñecer mellor o territorio é tamén unha forma de comprender mellor como pode responder ante diferentes situacións

07/10/2026 | 17:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello do Porto do Son analizan medidas para mellorar e reforzar a garantía do abastecemento de auga na localidade

Ángeles Vázquez lembra que Augas de Galicia convoca anualmente varias liñas de axudas para acometer actuacións hidráulicas que contribúan a mellorar estas redes

07/10/2026 | 16:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta outorga ao Concello de Ponteceso unha concesión de ocupación de 379 m2 para ampliar e rehabilitar o parque infantil do paseo fluvial

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático resolve así, en menos dun ano, a solicitude municipal presentada para abordar a mellora, modernización e ampliación dun equipamento público xa existente e destinado a uso lúdico e recreativo

05/10/2026 | 14:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Oroso acordan a ampliación da rede de abastecemento municipal en Vilacide de Arriba

Ángeles Vázquez insiste no compromiso do Goberno galego de apoiar os concellos para acometer actuacións hidráulicas que pola súa complexidade ou polo seu custo económico resultarían difíciles de acometer exclusivamente con recursos municipais

03/10/2026 | 13:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Boimorto executarán obras de mellora na rede de abastecemento para garantir un servizo eficiente e continuo na parroquia de Sendelle

Ángeles Vázquez salienta a importancia da actuación para a veciñanza xa que resolverá as incidencias detectadas neste tramo da rede, reforzando a fiabilidade, reducindo as perdas por fugas e asegurando unhas condicións axeitadas de presión

02/10/2026 | 12:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Abegondo destinan 1,53 M€ a completar o sistema de saneamento nas parroquias de Crendes e Orto

Esta actuación consiste na execución de 14 tramos de colectores soterrados cunha lonxitude aproximada de 2.417 metros, así como dun pozo de bombeo e dunha nova impulsión de 372 metros ata a infraestrutura existente

01/10/2026 | 13:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o seu sistema de alerta temperá nos ríos de Galicia-Costa como referente na xestión autonómica ante o risco de inundacións

Roi Fernández salienta a importancia da prevención para protexer os recursos hídricos da conca autonómica, cunha superficie de case 13.000 km2 e 2 millóns de habitantes

30/09/2026 | 17:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Boqueixón avanzan no proxecto para mellorar o saneamento no municipio

O persoal de Augas de Galicia está a analizar o proxecto municipal para mellorar a calidade do servizo en Loureda, A Granxa, Donas, Vigo, Gastrar e Oural

30/09/2026 | 13:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que a concesión que autorizou para a ocupación de 1.300 m2 do litoral desbloquea o proxecto para mellorar o saneamento da ría de Arousa

Ángeles Vázquez lembra que a renovación do colector litoral das Patiñas estaba paralizada pola negativa de Costas do Estado a autorizar a ocupación do dominio público marítimo-terrestre necesaria para a súa execución