Plans e programas anuais/plurianuais

Neste apartado recóllense os diferentes plans e programas anuais/plurianuais. Empregando as opcións de busca dispoñibles pódense filtrar por estado, departamentos e/ou área temática.

Ten dispoñibles para consulta 207 actuacións:

C. do Medio Rural

Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia 2021

O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia actualízase anualmente para a súa entrada en vigor antes do inicio da tempada de risco alto de incendios, que coincide co verán.

C. de Facenda e Administración Pública

Programa marco de integridade institucional e prevención de riscos de xestión

Este programa responde ao compromiso do Goberno galego para a afianzar a súa política institucional de integridade.

C. de Sanidade

Estratexia Galega en Enfermidades Raras (2021-2024)

O seu obxectivo central é establecer un novo modelo asistencial para este tipo de doenzas garantindo un prazo de diagnóstico máis reducido, menor variabilidade no manexo e unha xestión máis áxil, coordinada e eficaz.

C. de Facenda e Administración Pública

Programa de mellora da xestión das entidades integrantes do sector público autonómico de Galicia

Este programa responde á necesidade de que as entidades integrantes do sector público autonómico de Galicia realicen unha planificación xeral da súa xestión e de toda a súa actividade para lograr, en definitiva, unha mellora dos servizos públicos que prestan.

C. de Facenda e Administración Pública

Plan xeral de xestión e mellora da calidade dos servizos do sector público autonómico de Galicia

Este plan responde ao compromiso da Xunta de Galicia de avanzar na consolidación dos principios de boa administración e de calidade na prestación dos servizos públicos á cidadanía.

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Plan de inspección Ecommerce do Instituto Galego de Consumo e da Competencia para o ano 2021

O Plan de inspección Ecommerce da Xunta de Galicia para o ano 2021 está dirixido a comprobar, a través da análise de inspección das páxinas web, o grao de cumprimento da legalidade vixente en materia de consumo.

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2019-2021

A Xunta de Galicia mantén o seu compromiso cos mozos e mozas galegos/as e ten claro o seu obxectivo de mellorar as oportunidades do presente para a xuventude, pero tamén, o de construír para elas e eles un escenario de futuro sólido que fomente a súa empregabilidade e capacitación. Para iso apostamos por elaborar políticas transversais e integrais que dean resposta ás necesidades e demandas da xuventude.

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Plan de dinamización da Área Rexurbe de Mondoñedo

Plan de dinamización da área de rexeneración urbana de interese autonómico (Área Rexurbe) de Mondoñedo, un instrumento de planificación plurianual no que se integran actuacións a nivel arquitectónico, dirixidas a fomentar as políticas de rehabilitación e a mellora do espazo público, con outras desde o punto de vista económico, demográfico e social.

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Plan de actividades 2021 do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

No desenvolvemento da Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo, o Issga planifica con carácter anual a súa actividade como órgano técnico na materia e co máximo consenso cos/coas interlocutores/as sociais. 

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Plan anual da cooperación galega 2021

A Lei 3/ 2003, de 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento establece no artigo 9, que a cooperación galega articularase a través de Plans directores e de Plans Anuais. Os Plans Anuais serán aprobados polo Consello da Xunta de Galicia a proposta do departamento competente en materia de cooperación para o desenvolvemento previo informe do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento.