Plans e programas anuais/plurianuais

Neste apartado recóllense os diferentes plans e programas anuais/plurianuais. Empregando as opcións de busca dispoñibles pódense filtrar por estado, departamentos e/ou área temática.

Ten dispoñibles para consulta 207 actuacións:

C. do Mar

Plan Camgal 2021

O Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental da Comunidade Autónoma de Galicia (Plan Camgal) é o instrumento polo que a Xunta de Galicia determina o protocolo de actuación dos departamentos autonómicos que teñen competencia directa na resposta ante as continxencias por contaminación mariña accidental, así como a participación doutras administracións que corresponda neste tipo de sucesos.

Consellería de Política Social e Igualdade

Plan de inspección de servizos sociais de Galicia para o ano 2022 e a avaliación do ano 2021

Plan de inspección de servizos sociais para o ano 2022 sobre todas as entidades, centros, programas e servizos que desenvolven actividades de servizos sociais na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, inclúese a avaliación da actividade de inspección no devandito ámbito no ano 2021.

Consellería de Política Social e Igualdade

Plan de inspección de servizos sociais de Galicia para o ano 2021 e a avaliación do ano 2020

Plan de inspección de servizos sociais para 2021 sobre todas as entidades, centros, programas e servizos que desenvolven actividades de servizos sociais na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, inclúese a avaliación da actividade de inspección no devandito ámbito no ano 2020.

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Plan de Protección Civil de Atención ao Peregrino 2021 (PAP 2021)

Con este plan preténdese proporcionar aos/ás peregrinos/as que cheguen a Galicia polas diferentes rutas xacobeas a atención continua in situ que poidan demandar en aquelas situacións de emerxencia nas que precisen axuda, facilitándose mediante os dispositivos ordinarios de atención ás emerxencias co apoio do voluntariado de protección civil.

C. de Sanidade

Plan de Saúde Mental de Galicia Poscovid-19 (2020-2024)

O plan establece 98 proxectos dirixidos á prevención da aparición de problemas de saúde mental na poboación galega, así como á mellora da asistencia sociosanitaria das persoas que padecen algún trastorno mental.

C. do Medio Rural

Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia 2020

O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia actualízase anualmente para a súa entrada en vigor antes do inicio da tempada de risco alto de incendios, que coincide co verán.

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Plan de inspección urbanística para os anos 2020-2021

Este plan de inspección urbanística ten por obxecto determinar os obxectivos principais e as actuacións prioritarias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística coa finalidade de mellorar a calidade e a eficacia da disciplina urbanística ao servizo da cidadanía e de garantir a obxectividade e a imparcialidade na actuación da Axencia.

Consellería de Economía e Industria

Estratexia integral de optimización loxística de Galicia

A iniciativa, enmarcada na Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0, ten como obxectivo impulsar a mellora loxística tanto do propio sector de transporte e distribución de mercadorías coma dos xestores de infraestruturas e da industria galega que depende dos dous anteriores para ser eficiente na súa cadea de subministro e expedición de produtos.

Consellería de Política Social e Igualdade

Plan de Inspección de Servizos Sociais de Galicia para o ano 2020

Este plan contén as liñas básicas da actuación da Inspección de Servizos Sociais de Galicia para o ano 2020.

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Estratexia Galega de Economía Circular (EGEC) 2020-2030

A Estratexia foi aprobada en Consello da Xunta o 12 de decembro de 2019 e nela desenvólvense as directrices para facer efectiva a transformación do modelo produtivo lineal actual cara a un modelo de economía circular de aquí aos próximos anos.