Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

17/12/22 | 19:02 | A Presidencia da Xunta

Rueda resalta o éxito do programa Xuventude Crea como escaparate do talento e da creatividade artística da mocidade galega

Destaca que as obras dos 350 artistas que participaron nesta edición amosan a pluralidade e a diversidade que caracterizan á sociedade galega

17/12/22 | 13:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda subliña que a homenaxe a Álvaro Cunqueiro na Insua dos Poetas reforza este espazo como referente da lingua e a cultura galegas

Inaugurou a peza escultórica realizada por Tatiana R. Fírvida que sitúa ao escritor mindoniense no universo creado pola Fundación Insua dos Poetas para honrar aos clásicos das letras galegas

16/12/22 | 13:31 | A Presidencia da Xunta

Rueda reedita a aposta da Xunta por un novo modelo de atención residencial co investimento de 4 M€ na reforma do centro de maiores de Campolongo

As obras incluirán a reforma da fachada, a reordenación dos espazos comúns e melloras na eficiencia enerxética e na accesibilidade
 

16/12/22 | 11:59 | A Presidencia da Xunta

Inaugurada a exposición ‘O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia 1981-2021’ na Casa de Galicia en Madrid

A exposición inclúe a Proposta de Consello de Galicia, documento manuscrito de Castelao datado de 1943

15/12/22 | 15:44 | Secretaría Xeral de Emigración ; A Presidencia da Xunta

A Estratexia Galicia Retorna 2026 duplica as medidas e o orzamento da anterior e busca facilitar o regreso de 30.000 galegos do exterior

Rueda resalta que é unha forma de recoñecer o dereito ao retorno dos galegos no exterior e unha vía para que Galicia gañe poboación e “compense o saldo vexetativo negativo”

15/12/22 | 15:44 | A Presidencia da Xunta

A Xunta declara iniciativa empresarial prioritaria o proxecto de Naturgy, Repsol e Reganosa para construír unha planta de hidróxeno verde en Meirama

Salienta que o proceso permitirá a produción anual de 4.500 toneladas desta fonte renovable como produto principal para abastecemento da industria; e un subproduto -oxíxeno-, cunha produción estimada de 34.296 toneladas

15/12/22 | 15:43 | A Presidencia da Xunta

O Goberno galego inicia a tramitación da Lei de ordenación do litoral que converterá a Galicia na primeira comunidade en regular a franxa costeira en toda a súa extensión

Rueda subliña que a Administración autonómica quere unha ordenación “realista, razoable, eficaz” e adaptada “á realidade galega”