Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

23/11/22 | 12:01 | C. do Medio Rural

Hoxe comeza en Santiago unha nova edición das Catas dos meles e dos queixos de Galicia

Ao longo desta mañá, un panel de sete expertos catarán 33 meles -monoflorais e multiflorais- pertencentes a 20 industrias
 

22/11/22 | 20:33 | A Presidencia da Xunta

Rueda reedita o compromiso da Xunta coas empresas familiares por representar con nomes e apelidos a puxanza de Galicia

Resalta que este tipo de compañías xeran o 86 % do emprego privado da comunidade e representan o 85 % do Valor Engadido Bruto Empresarial de Galicia

22/11/22 | 16:55 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Lugo un curso sobre capacitación para o persoal de granxas de gando avícola

Impartirase ao longo de catro días no edificio administrativo da Xunta en Lugo a partir do vindeiro venres 25 de novembro

22/11/22 | 16:28 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a importancia para o rural galego das axudas da PAC e de plans de mellora e incorporación de mozos

José Balseiros lembrou que o Goberno galego volveu convocar este ano unha liña de anticipos para adiantar aos agricultores e gandeiros galegos no verán uns 200 millóns de euros das achegas da PAC

21/11/22 | 20:04 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza na identificación dos sistemas agrarios de alto valor natural para definir o mapa de usos agroforestais da nosa comunidade

Inés Santé trasladou que a Consellería do Medio Rural contratou xa esta identificación, dando así cumprimento ao establecido pola Lei de recuperación da terra agraria

21/11/22 | 11:49 | C. do Medio Rural

A Xunta designa hoxe os membros da Xunta Electoral no marco do proceso de renovación de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario galego

A campaña electoral arrancará o 3 de febreiro e finalizará o día 17 dese mes, para dar paso ás votacións o 19

20/11/22 | 12:36 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra que a denominación de orixe Queixo Tetilla fose recoñecida como entidade de certificación de produto pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC)

Trátase do primeiro Consello Regulador de queixo galego que obtén esta acreditación, que recoñece a súa competencia técnica para a certificación do Queixo Tetilla e que foi posible grazas ao apoio da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

19/11/22 | 13:20 | C. do Medio Rural

A Xunta pagará a partires da vindeira semana preto de 27 M€ correspondentes ao anticipo das axudas da PAC 2022-2023

Un ano máis Galicia estará entre as primeiras comunidades autónomas que pagarán anticipos das axudas da Política Agraria Común (PAC)

19/11/22 | 10:25 | C. do Medio Rural

A vindeira semana terán lugar en Santiago as catas dos meles e dos queixos de Galicia que organiza a Xunta cos consellos reguladores

Celebraranse do 23 ao 25 de novembro no Centro Integrado de Formación Profesional Compostela, cun panel integrado por 19 catadores profesionais versados no sector