A Xunta pon en valor a promoción da riqueza alimentaria galega na XVII Festa do Cordeiro de Larouco

Larouco (Ourense), 27 de abril de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu este mediodía á XVII Festa do Cordeiro, que se celebra na localidade ourensá de Larouco. 

Neste evento, no que tamén estivo acompañada polo presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, pola alcaldesa, Patricia Lamela, e por outros rexedores da comarca, a conselleira salientou a importancia deste tipo de celebracións gastronómicas como dinamizadoras do rural e como factores de promoción da riqueza alimentaria de Galicia. Nesta liña, indicou que contribúen non só a divulgar esa excelencia, senón tamén a reforzar a conexión entre produtores (agricultores e gandeiros), profesionais da cociña e consumidores finais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/04/2024