A Xunta colabora coa 2ª Feira Agroalimentaria e 34ª Feira do Mel no Ortegal nas que se poñen en valor estes produtos locais

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez,  reuniuse esta semana co alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, para analizar vías de colaboración entre ambas institucións.

Na xuntanza, abordouse o apoio do Goberno autonómico á celebración da 2ª Feira Agroalimentaria e 34ª Feira do Mel no Ortegal para poñer en valor estes produtos a través de postos para a súa venda, charlas e obradoiros, entre outras actividades. Ademais, no encontro tamén se abordaron outros asuntos de interese para o concello de Ortigueira.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/05/2024