A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo coa Asociación de Laboratorios Acreditados de Galicia
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe un encontro de traballo con representantes da Asociación de Laboratorios Acreditados de Galicia (ALAGAL), encabezados polo presidente, Gonzalo Javier Guzmán.
Na xuntanza, que tivo lugar en San Caetano, tamén participaron o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez.
Na reunión abordaron as actividades que desenvolve esta asociación nos eidos da obra civil e a edificación, eixes estratéxicos da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.
Os laboratorios desta entidade realizan tarefas de control de calidade en todos os ámbitos da construción, dende a redacción dos proxectos, ata os estudos xeotécnicos, o control dos materiais ou as probas de servizo.