María José Gómez enxalza o papel da Romaría do Bispo Santo de Foz na dinamización socio cultural da zona
Foz (Lugo), 4 de maio de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou hoxe a importancia das festas e romarías tradicionais de Galicia na dinamización socio cultural e económica do rural. Gómez foi a encargada de pronunciar o pregón do Bispo Santo 2025 na localidade lucense de Foz, onde estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Na súa intervención, a titular de Medio Rural puxo de relevo os seus múltiples lazos persoais e sentimentais con esta vila da mariña luguesa e enxalzou os seus diferentes atractivos, co mar como gran referente da súa paisaxe. Ademais, animou os romeiros a continuar con esta tradición, que ten como epicentro o traslado da imaxe de San Gonzalo da basílica de San Martiño ao monte da Grela.