Medio Rural destaca na XXXV Festa da Anguía e da Caña do País de Valga a importancia destes produtos

Valga (Pontevedra), 30 de agosto de 2025

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou hoxe na XXXV Festa da Anguía e da Caña do País, que se celebra estes días no concello pontevedrés de Valga.

Durante o acto, o director xeral destacou a importancia desta festividade, que serve para poñer en valor e dar a coñecer un dos produtos máis apreciados do río Ulla, como é a anguía, así como a tradicional Caña do País, elaborada artesanalmente en todas as parroquias do municipio. A festa contribúe así a preservar e promocionar estes produtos emblemáticos da gastronomía e da cultura galega.

Data de actualización: 30/08/2025