O Servizo Galego de Saúde publica o nomeamento e a adxudicación de destino definitivo en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional

Son nomeados 6 profesionais, 5 polo sistema de concurso de méritos e 1 polo sistema de concurso-oposición, en varias categorías de persoal sanitario de formación profesional

Os nomeados disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2025

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición de hoxe as resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde polas que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo dun profesional na categoría de hixiene bucodental e á adxudicación de destino definitivo aos aspirantes seleccionados no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional.

En primeiro lugar, publícase o nomeamento como persoal estatutario fixo e a adxudicación de destino definitivo dun profesional na categoría de hixiene bucodental (resolución do 14 de decembro de 2022).

Tamén se publica a relación de aspirantes seleccionadas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de técnico en farmacia, técnico superior en dietética e técnico superior en hixiene bucodental, (resolución do 26 de decembro de 2022).

A resolución destes procesos suporá a incorporación de 6 profesionais fixos ás institucións sanitarias do sistema público de saúde de Galicia.

No caso  do concurso-oposición resultou nomeada 1 persoa na categoría de técnico superior en hixiene bucodental.

Pola súa banda, no proceso selectivo de estabilización, foron nomeadas 5 persoas, das que 2 pertencen á categoría de técnico en farmacia, 2 á categoría de técnico superior en dietética e 1 á categoría de técnico superior en hixiene bucodental

Na seguinte táboa pode consultar a distribución dos profesionais nomeados por área sanitaria:

 

 

Centro directivo

Técnico en farmacia

TS en dietética

TS en hixiene bucodental

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

 

 

1

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

1

 

 

A.S. de Pontevedra e O Salnés

 

1

 

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

1

1

 

A.S. de Vigo

 

 

1

Este é o segundo proceso de nomeamento como persoal estatutario fixo e adxudicación de destino definitivo nestas categorías estatutarias en base á execución da base 10.4 das resolucións de convocatoria que prevé que, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que os seleccionados por diversos motivos non continúen no proceso, se cubrirá a baixa co aspirante incluído inmediatamente a continuación na relación de seleccionados, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva.

Os aspirantes nomeados disporán do prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. O prazo finaliza o 12 de xaneiro de 2026.

A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao interesado e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.

Porén, en casos de forza maior, e por instancia do interesado, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

Os aspirantes poden dirixir todas as dúbidas e consultas ao enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es.   

Data de actualización: 11/12/2025