O delegado territorial da Xunta participa na LXIII reunión do Grupo de Traballo para a Coordinación Técnica do Transporte por Cable

Ourense, 12 de maio de 2026

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na LXIII reunión do Grupo de Traballo para a Coordinación Técnica do Transporte por Cable na que estiveron presentes técnicos de diferentes administracións e de distintas comunidades autónomas de España.

O encontro que se desenvolveu na Delegación Territorial ten como obxectivo compartir boas prácticas, harmonizar a normativa existente e debater sobre os sistemas de acreditación e certificación en vigor.

O transporte por cable é un instrumento adecuado, en ocasións o único, para resolver determinadas necesidades de transporte. Emprégase principalmente para transportes en pequenas distancias con desniveis excepcionais ou orografía especialmente complicada, así como nalgunhas aplicacións turísticas polo propio atractivo deste tipo de transportes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/05/2026