María José Gómez salienta o potencial do sector da horta galega na Festa do Pemento de Mougán en Guntín

Guntín (Lugo), 29 de agosto de 2026

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu hoxe á celebración XXIII Festa do Pemento de Mougán, organizada polo Concello de Guntín esta fin de semana. Nela, salientou o potencial do sector da horta en Galicia, con produtos amparados por diferentes selos de calidade diferenciada como é a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pemento de Mougán.

Neste acto, a conselleira explicou que a nosa comunidade conta con oito IXP de produtos de orixe vexetal, dentro dos cales se atopan cinco vinculados coa produción de pementos. A maiores, é importante lembrar que desde a Consellería do Medio Rural impúlsanse este tipo de producións e, por iso, este ano destina máis de 10 millóns de euros para o Plan Saborea Galicia Calidade Diferenciada, dous millóns máis que en 2025, co obxectivo de reforzar a promoción das producións certificadas, incrementar o seu posicionamento nos mercados e seguir xerando valor para os produtores e para o conxunto do rural galego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/08/2026