Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 33.926 novas:

06/04/2026 | 16:44 | C. de Facenda e Administración Pública; C. do Mar

Facenda e Mar asinan un convenio de 1 M€ para axilizar a xestión das axudas do FEMPA

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, e a conselleira do Mar, Marta Villaverde, subscribiron hoxe este acordo de colaboración que se estenderá ata finais de 2028

06/04/2026 | 15:44 | A Presidencia da Xunta
06/04/2026 | 15:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia a posta en marcha dun programa específico para reducir o abandono escolar centrado en varóns e na poboación inmigrante

A través do programa Cualifica Talento crearanse equipos de orientación especializados nas sete grandes áreas urbanas, que concentran o 32% da poboación obxectivo desta iniciativa coa que se prevé chegar o vindeiro curso a 2.000 persoas

06/04/2026 | 15:35 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda salienta que as medidas fiscais consolidadas no IRPF pola Xunta permitirán aforrar unha media de 476 euros a cada contribuínte galego

Explica que as deducións autonómicas que se aplican na Campaña da Renda 2025 supoñen un aforro de preto de 47 M€

06/04/2026 | 15:32 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

A Xunta destinará 5,3 M€ á adquisición de vacinas fronte ao pneumococo para manter o calendario de inmunización máis completo do mundo

O titular do Goberno galego sinala que a vacinación está indicada para bebés aos 2, 4 e 6 meses, cun recordo aos 11 meses

06/04/2026 | 15:18 | C. do Medio Rural

Medio Rural destinou máis de 224.000 € desde 2020 á mellora de camiños municipais en Boiro

A conselleira María José Gómez recibiu hoxe ao alcalde da localidade, José Ramón Romero, para avanzar na colaboración institucional a prol do agro neste concello

06/04/2026 | 15:04 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O festival Clasclás afondará na excelencia artística e reforzará a súa relevancia no panorama europeo da música clásica, co apoio da Xunta

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta a aposta pola “vangarda e a ciencia” da novena edición, que se celebrará do 20 ao 27 de xuño

06/04/2026 | 14:59 | Axencia de Turismo de Galicia

Manuel Pardo destaca o pulo á oferta turística da provincia que dan as axudas para a mellora dos recursos turísticos en concellos de menos de 10.000 habitantes

O delegado territorial destacou que a nova convocatoria da Axencia de Turismo de Galicia, dotada con 2 millóns de euros e aberta ata o vindeiro 17 de abril, busca impulsar e consolidar a actividade turística nas contornas rurais, e ao mesmo tempo promover a diversificación turística polo territorio da comunidade

06/04/2026 | 14:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a segunda edición do evento educativo ‘Medrando Xuntas’, que se celebra este sábado en Lugo

A xornada, orientada a familias e profesionais da educación, contará coa participación dos expertos en crianza Neus Moya, Sara Noguera, Carlos González e Alberto Soler