Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 34.161 novas da Fonte::

24/03/2026 | 10:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao Plan parcial para desenvolver un ámbito urbanizable de uso terciario e comercial no concello de Ponteareas

O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos na zona de intervención

24/03/2026 | 10:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta propón ao Concello de Vigo e a Zona Franca a celebración dunha reunión para seguir avanzando conxuntamente na potenciación do Ifevi

Así o reflicte unha misiva do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración enviada hoxe a ambas entidades para fixar de común acordo unha data para abordar os seguintes pasos a dar no marco da planificación funcional e estratéxica deste espazo

24/03/2026 | 10:24 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta convoca o concerto social para o desenvolvemento do programa de acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva

Invístense tres millóns de euros ata mediados do ano 2029 en dar continuidade a esta iniciativa pioneira en marcha desde fai tres anos

23/03/2026 | 20:01 | C. do Medio Rural

María José Gómez continúa cos contactos cos axentes do sector lácteo e reclama garantir a sustentabilidade dos produtores

A conselleira do Medio Rural reuniuse con representantes de Agromuralla, con quen avaliou a situación deste eido produtivo ante a renovación dos contratos do leite e o aumento dos custes de produción deirvado do conflito en Oriente Medio

23/03/2026 | 19:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Vilanova de Arousa analizan vías de colaboración en cuestións vencelladas co saneamento da auga e a xestión do litoral

Ángeles Vázquez e Gonzalo Durán avaliaron a situación do proxecto para a mellora do saneamento municipal -que beneficia tanto a Vilanova como a Cambados-, no que se están a definir as posibilidades de financiamento de cara á execución das obras

23/03/2026 | 17:39 | C. do Mar; C. do Medio Rural

A Xunta apoia a participación de máis de medio cento de empresas na Feira Alimentaria de Barcelona

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou hoxe na primeira xornada deste evento gastronómico onde están presentes 24 produtores amparados por selos de calidade diferenciada

23/03/2026 | 17:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia os traballos previos á demolición do viaduto sobre a AC-012, incluída no Plan de accesos ao Novo CHUAC

Hoxe comezaron as tarefas de eliminación da mediana na avenida da Pasaxe e os traballos de talado e poda de arborado na estrada das Xubias

23/03/2026 | 17:23 | C. de Sanidade
23/03/2026 | 15:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A II Feira Educativa de Ourense pon a disposición do alumnado información para decidir o seu futuro

A cita, que se celebrará o mércores e o xoves, achega aos rapaces a oferta de FP e das tres universidades galegas, así como os proxectos de colexios e institutos

23/03/2026 | 15:43 | A Presidencia da Xunta