Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.251 novas da C. de Economía e Industria:

20/03/2026 | 19:12 | C. de Economía e Industria

Lorenzana subliña a preocupación do Goberno galego ante a incapacidade do Estado para desenvolver a rede eléctrica, fundamental para subministrar enerxía a proxectos clave para Galicia

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, se reuniu esta tarde co responsable da zona noroeste de UFD, con quen analizou o escenario enerxético da comunidade galega 

20/03/2026 | 17:07 | C. de Economía e Industria

A Oficina Económica de Galicia colaborará con Espazocoop para promover a implantación de empresas cooperativas na Comunidade

“Nun momento e nun sector en que tanto se fala de deslocalizacións, é moi positivo reivindicar o modelo contrario: o dunha empresa que non só produce, senón que constrúe; que xera industria, emprego e riqueza aquí”, di

18/03/2026 | 17:35 | C. de Economía e Industria; C. do Mar

A Xunta formaliza o acordo de financiamento para a construción da primeira planta de cría de salmón que se levantará en Galicia

A iniciativa está promovida por Seafood Legacy e é un proxecto estratéxico para consolidar o liderado da acuicultura galega

18/03/2026 | 13:54 | C. de Economía e Industria

Lorenzana avanza que a Xunta trasladará ao Goberno os puntos críticos que se detecten na mesa de apoio loxístico ás empresas que operan en oriente medio

Avoga pola prudencia e por agardar a que se coñezan as medidas que o Goberno vai aprobar no Consello de Ministros extraordinario do vindeiro venres

17/03/2026 | 16:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o potencial galego na transformación de madeira de piñeiro no sector da embalaxe

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, visitou esta mañá as instalacións de Maderas Ornanda, empresa especializada na fabricación de caixas e embalaxes con madeira de piñeiro galego

17/03/2026 | 15:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende que Galicia está ante unha oportunidade histórica para ser un referente en materias primas críticas

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, clausurou hoxe unha xornada onde se presentou a sexta edición do congreso internacional Mining and Minerals Hall, que se celebrará en Sevilla do 20 ao 22 de outubro e no que Galicia será a comunidade convidada

17/03/2026 | 14:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Asturias o apoio ás industrias da seguridade e defensa e convida ás empresas a mirar a Galicia e compartir os seus proxectos de investimento

Anuncia que antes do verán licitaranse os novos acordos de asociación que permitirán seleccionar os socios estratéxicos e tecnolóxicos da Xunta na Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo ata 2030

15/03/2026 | 12:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda recibe ao novo embaixador do Uruguai en España e aposta por reforzar as relacións en materia de comercio e turismo

Case 300 empresas galegas exportan a este país cun volume de negocio de 20,5 M€ no 2025

12/03/2026 | 12:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta licita o contrato de explotación, conservación e mantemento do servicio de auga da plataforma loxística da Plisan

O Goberno galego, a través de Xestur, asume a xestión dos servizos de abastecemento, saneamento e pluviais ata que se constitúa un consorcio ou entidade xestora que asuma estas funcións