Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 55 novas da área temática Función pública da C. de Facenda e Administración Pública:

28/09/2026 | 18:30 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a transparencia como un exercicio de respecto á cidadanía e de rendición de contas das institucións

Subliña que a información pública pertence aos cidadáns e lembra iniciativas recentes como o acceso ao custo real das prestacións sanitarias na aplicación Sergas Móbil ou a creación do Rexistro do Litoral

19/09/2026 | 11:32 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos destaca o esforzo da Xunta por ofrecer empregos públicos estables que redunden nun servizo de calidade á cidadanía

O conselleiro de Facenda e Administración Pública supervisou o operativo das probas dos procesos selectivos que se celebran esta fin de semana, nas que participan case 16.300 aspirantes para acceder a 256 prazas

10/09/2026 | 12:16 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta resolve os procedementos de elección de destino das persoas empregadas públicas e avanza cara a un modelo de mobilidade continuo e previsible

Nas vindeiras semanas tomarán posesión preto de 3.000 persoas de corpos xerais, 1.075 no concurso de traslados, preto de 1.100 nos procesos selectivos e máis de 750 nos procesos selectivos de estabilización

03/08/2026 | 10:42 | C. de Facenda e Administración Pública

A estratexia Galicia Dixital 2030 mobilizou máis de 390 millóns de euros en 2025 e consolidou novos avances na transformación dixital de Galicia

A Xunta reforzou os seus servizos dixitais coa renovación integral da sede electrónica, que tramitou máis de 1,6 millóns de xestións online e enviou 1,9 millóns de notificacións electrónicas o pasado ano

10/06/2026 | 15:11 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pon en marcha un procedemento coordinado de elección de destino e toma de posesión que afecta a unhas 3.300 persoas empregadas públicas

A directora xeral de Emprego Público e Administración de persoal, Nuria Aguilar, compareceu na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

22/05/2026 | 20:33 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta participa na entrega dos Premios Ártabros a organismos, entidades e persoas destacadas na área de Ferrolterra

O acto celebra o décimo quinto aniversario do xornal Galicia Ártabra, que entregou 15 galardóns para conmemorar a efeméride

22/04/2026 | 12:43 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia convértese na segunda comunidade en contar cunha Estratexia de Contratación Pública que fomentará o produto local de calidade e a participación das pemes

O conselleiro de Facenda e Administración Pública inaugura mañá, xoves, as xornadas sobre esta nova planificación organizadas para o persoal empregado público pola EGAP

20/04/2026 | 15:02 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública

A proposta da Oferta de Emprego Público da Administración xeral para 2026 ascende a máis de 1.200 prazas

Alfonso Rueda anuncia que se negociará coas organizacións sindicais esta mesma semana

17/04/2026 | 11:40 | C. de Facenda e Administración Pública

O concurso de traslados dos corpos xerais permitirá a máis de 1.000 persoas empregadas públicas obter un novo destino na Administración

O DOG publica hoxe a resolución da adxudicación dos postos do concurso de traslados dos corpos xerais, que afecta a máis de 1.070 persoas empregadas públicas