Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.996 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

26/08/2026 | 14:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta sinala o proxecto Couto Florido como exemplo dunha política ambiental útil que protexe a natureza, mellora a paisaxe e coida ás persoas e aldeas

Esta iniciativa é un exemplo de colaboración público-privada para revitalizar o rural en materia de paisaxe, flora autóctona e dinamización social

26/08/2026 | 12:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta mantén a alerta por escaseza de auga nos sistemas do río Lérez e do río Anllóns e Costa da Coruña e conserva medidas equivalentes en Baiona

Os técnicos manteñen estes escenarios ante a persistencia de indicadores de escaseza en valores baixos 

25/08/2026 | 12:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o compromiso de Sobrado coa xestión de residuos ao ser o concello coruñés de menos de 5.000 habitantes que máis axudas recibe neste eido

Ángeles Vázquez explica que o Goberno galego destina preto de 80.000 euros á mellora do punto limpo desta localidade para adaptalo ás necesidades actuais 

25/08/2026 | 10:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima ás pemes galegas a participar no programa Responsabilízate para avanzar na súa sustentabilidade ambiental, social e económica

A quinta edición desta iniciativa pioneira en España ofrece asesoramento personalizado e gratuíto nestes ámbitos ás pequenas e medianas empresas, tras ter beneficiado xa un total próximo ás 700 firmas

24/08/2026 | 13:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Manuel Pardo subliña os preto de 600.000€ que a Xunta destina a 10 concellos ourensáns para o impulso de espazos verdes

O delegado supervisou o resultado das tres actuacións, a instalación de dúas pérgolas, na Casa do Concello e no albergue municipal, e a montaxe de chorros de auga emerxente na praia fluvial, ás que a Xunta destinou 180.000 euros en 2025

24/08/2026 | 13:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inicia a primeira parte das obras de mellora da rede de saneamento e depuración no rural de Ferrol cun investimento de máis de 5,7 M€

Ángeles Vázquez salienta que a actuación dará servizo directo a máis de 1.350 persoas e executará infraestruturas necesarias para continuar nas seguintes fases coa conexión doutras zonas do rural de Ferrol á rede xeral de saneamento

24/08/2026 | 12:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial en máis de 11 quilómetros de varios ríos, no concello pontevedrés de Meis

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 14 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos

23/08/2026 | 10:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta instala 15 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación en distintos puntos do río Sar, en Santiago de Compostela

O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento

22/08/2026 | 10:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial en máis de 4,25 quilómetros de varios ríos, no concello pontevedrés de Caldas de Reis

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 11 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais que dificultan a normal circulación do caudal

21/08/2026 | 15:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca as case 1.000 instalacións, servizos e actividades de tempada autorizadas no litoral no marco da primeira campaña baixo a súa xestión directa

Ángeles Vázquez salienta que este é o primeiro ano que o Goberno galego xestiona de forma íntegra os servizos de lecer de carácter temporal na franxa costeira, que, como novidade, poden abrir de forma continuada desde Semana Santa ata o 31 de outubro