Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.602 novas da C. do Medio Rural:

20/05/2026 | 18:56 | C. do Medio Rural

Medio Rural pide ao Ministerio máis flexibilidade no uso do xurro como fertilizante natural e que defenda na UE facilidades na aplicación aérea de fitosanitarios

A conselleira María José Gómez trasladou esta tarde as demandas, en liña coas reclamacións do sector, ao ministro Luis Planas durante a súa participación, por vía telemática, no Consello Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios

20/05/2026 | 16:53 | C. do Medio Rural

María José Gómez define a Galicia como unha potencia cárnica a nivel de produción e pola calidade certificada

A titular de Medio Rural subliñou que a nosa comunidade é a segunda de España en produción de carne de vacún, só superada por Castela e León, e representa máis da metade do valor económico das carnes de vacún con selo

20/05/2026 | 15:37 | C. do Medio Rural

Medio Rural constata que as cifras de contratación de seguros agrarios en Galicia son as máis altas da historia

A conselleira do Medio Rural reuniuse cos responsables de Agroseguro para avaliar cifras como o incremento de ata un 39 % das primas totais nos últimos cinco anos e dun 41 % no que atinxe ao capital asegurado no mesmo período

19/05/2026 | 16:03 | Axencia de Turismo de Galicia; C. do Medio Rural

A Xunta impulsa a Feira do Viño de Valdeorras que bate récord de adegas participantes nun momento no que o turismo medra o 27%

Xosé Merelles salientou o bo momento turístico que vive esta zona ourensá na que a demanda medrou o 38% e a estadía media o 8,4% no primeiro trimestre de 2026

19/05/2026 | 15:26 | C. do Medio Rural

María José Gómez pon en valor o pastoreo en extensivo pola súa contribución á xestión do territorio

A conselleira do Medio Rural visitou as instalacións de Gandaría Castelos, en Carral, unha das explotación ovinas máis grandes de Galicia

19/05/2026 | 15:18 | C. do Medio Rural

A Xunta acolle unha reunión de coordinación dos operativos contra incendios forestais da provincia de Lugo

Todos os servizos implicados participarán o 27 de maio nun simulacro de lume de nivel 2 entre Baleira e Castroverde para ensaiar a resposta conxunta dos equipos de emerxencias ante unha situación de risco

19/05/2026 | 15:07 | C. do Medio Rural

Medio Rural suprime as penalizacións na presentación da solicitude única da PAC polos temporais e os incendios do pasado verán

Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia a resolución que recoñece como circunstancias excepcionais as condicións agroclimáticas adversas derivadas das borrascas acontecidas entre novembro de 2025 e febreiro de 2026, así como os efectos dos incendios

19/05/2026 | 14:57 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural

O sector forestal-madeira supera as 3.300 empresas e xa representa o 1,7 % do PIB galego

O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández, participou en Santiago xunto a outros representantes do Goberno galego na presentación do Informe da cadea forestal madeira 2025

19/05/2026 | 14:37 | C. do Medio Rural

Un total de 64 asociacións de defensa sanitaria gandeira recibirán 2,38 M€ da Xunta para reforzar o bo status sanitario do gando en Galicia

A Consellería do Medio Rural publica hoxe no DOG a resolución pola que se dá publicidade a estas axudas, coas que se financiarán os gastos da compra de material funxible e facilitarase a contratación de 162 persoas veterinarias

19/05/2026 | 12:50 | C. do Medio Rural

Medio Rural publicará este xoves a convocatoria da nova liña de achegas para a compra de equipamentos eficientes e agricultura de precisión, dotada con 8,6 M€

A conselleira María José Gómez visitou hoxe as instalacións de Maxideza en Lugo para poñer en valor estas axudas coas que se busca apoiar aos gandeiros e agricultores galegos diante do aumento dos custes de produción pola guerra en Oriente Medio