Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.017 novas da C. de Política Social e Igualdade:

06/11/2025 | 12:13 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García aposta por impulsar iniciativas de envellecemento activo e recursos orientados ás persoas maiores que viven no rural

 A conselleira detallou os resultados do Plan de choque para a dependencia e a discapacidade, que nos primeiros dez meses permitiu diminuír un 10% os tempos de tramitación e chegar ás 90.000 persoas atendidas

05/11/2025 | 12:37 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García acusa ao Executivo central de poñer en risco o Plan de choque para axilizar a atención á dependencia e á discapacidade

Advirte que o recurso no Tribunal Constitucional presentado polo Goberno de España fai perigar os dereitos de 10.400 dependentes aos que se lles recoñeceu de maneira automática a discapacidade

04/11/2025 | 18:18 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor a campaña ‘De faro a faro’ dos concellos de Ortegal como referente interinstitucional para combater a violencia de xénero

O Goberno galego apoia esta acción que busca sensibilizar e concienciar á poboación sobre as violencias contra as mulleres

04/11/2025 | 12:43 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García agradece a colaboración de farmacias, comercios e administradores de fincas para tecer unha rede social coa que combater a soidade non desexada

O obxectivo é informar á poboación da existencia e utilidade do teléfono da soidade non desexada en Galicia, o 900 830 831, chegando ao maior número de persoas posibles e maximizando o seu impacto social

04/11/2025 | 12:39 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García reafirma o compromiso da Xunta co acollemento familiar como eixo principal do sistema de protección da infancia en Galicia

A conselleira destaca que esta aposta do Goberno galego sitúa á comunidade galega como a segunda con mellores ratios de acollida de España, con máis do 60% dos nenos e adolescentes residindo cunha familia

03/11/2025 | 15:17 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Galicia acada o obxectivo de chegar ás 90.000 persoas dependentes atendidas con dous meses de antelación sobre o prazo previsto

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, subliña que alcanzar esta meta é posible “en gran parte grazas ao Plan de choque” activado pola Administración autonómica, “que corre o risco certo de paralización logo do recurso presentado ante o Constitucional polo Goberno central”

03/11/2025 | 11:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 21 millóns de euros a entidades de iniciativa social para financiar programas e servizos de inclusión

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución desta orde de achegas que se concede a 99 entidades para desenvolver 769 actuacións