Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.073 novas da C. de Sanidade:

03/02/2023 | 14:07 | C. de Sanidade

A reforma do centro de saúde de Ribadavia convérteo nun referente en eficiencia enerxética

O obxectivo principal desta reforma foi a rehabilitación da envolvente térmica do edificio, mediante un illamento integral que mellora a eficiencia enerxética.

03/02/2023 | 12:56 | C. de Sanidade

Con motivo do día mundial contra o cancro sanidade lembra á cidadanía a importancia de participar nos programas de cribado

O obxectivo é lograr que cada vez menos galegos enfermen de cancro e os que enfermen, aumentar a súa curación e calidade de vida

02/02/2023 | 18:28 | C. de Sanidade

A Xunta amosa o seu malestar co Ministerio de Sanidade por non consultar nin debater a retirada das máscaras no transporte público

Este tipo de decisións, dixo hoxe o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, deben ter un soporte técnico e “hai que escoitar aos expertos”

02/02/2023 | 16:03 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

A Xunta aproba incentivos para o persoal que exerza como titor na formación sanitaria especializada

Rueda subliñou que, na actualidade, hai 900 profesionais do Sergas exercendo estas labores docentes e que o obxectivo é “manter ou incrementar” o seu número

02/02/2023 | 13:28 | C. de Sanidade

A Xunta celebra os datos que amosan que a cidadanía galega é a que máis confía na sanidade pública de toda España

A xerente do Sergas analizou no Parlamento os datos do Barómetro Sanitario do CIS, que revelan unha preferencia da sanidade pública sobre a privada, tanto na atención primaria, como na hospitalaria e de urxencias

02/02/2023 | 13:27 | C. de Sanidade

Máis de 2.760 pacientes beneficiáronse da cirurxía de precisión dos robots Da Vinci desde a súa posta en marcha en 2021 no sistema sanitario galego

As intervencións con estes equipos de cirurxía robótica de precisión achegan importantes beneficios para os pacientes, os profesionais e os hospitais

02/02/2023 | 12:01 | C. de Sanidade
02/02/2023 | 10:12 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 629 casos activos por coronavirus

Un total de 688.913 pacientes xa están curados