Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.139 novas da C. de Sanidade:

16/07/2025 | 11:20 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica o modelo definitivo de respostas dos exercicios da fase de oposición para o ingreso en sete categorías de persoal estatutario

O Diario Oficial de Galicia recolle tamén a publicación das puntuacións provisionais das categorías de persoal sanitario de formación profesional e persoal de xestión e servizos

16/07/2025 | 11:11 | C. de Sanidade

A Xunta convoca as axudas para programas de incorporación social en vivendas destinadas a pacientes con drogodependencia estabilizados, dotadas con 253.000 euros

O Diario Oficial de Galicia publica as bases das subvencións destinadas a entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de inserción social e adaptación destes pacientes á vida cotiá

13/07/2025 | 14:10 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño salienta o compromiso do Goberno galego na loita contra o cancro

O conselleiro de Sanidade acompañou os integrantes da Fundación CRIS na iniciativa `Camiño de Raquel´, que desde o pasado xoves percorren os 125 km que separan Baiona e Compostela para dar visibilidade ao cancro de sarcoma

13/07/2025 | 10:52 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia e a Orde de Malta melloran a asistencia sanitaria a peregrinos e visitantes na Catedral de Santiago

O dispositivo sanitario do 061 permanecerá entre as 09,30 e as 14,30 horas na Oficina de Atención ao Peregrino, desprazándose ás 12,00 ata a Catedral de Santiago durante a  Misa do Peregrino

12/07/2025 | 11:23 | C. de Sanidade

A Xunta e a Universidade de Santiago asinan un convenio para a cesión das dependencias do Monte da Condesa e consolidar Galicia como centro de producción terapias avanzadas

O acordo establece que o departamento sanitario da Xunta poderá facer usos destas instalacións durante os vindeiros 20 anos 

12/07/2025 | 10:27 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica por máis de 1,7 M€ o subministro da vacina intranasal da gripe para a súa administración a nenos de 2 a 11 anos

Esta vacina é un aerosol nasal que presenta vantaxes sobre a convencional, xa que a técnica de administración é menos invasiva

12/07/2025 | 09:36 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 35 M€ á adquisición de válvulas cardíacas con destino ás unidades de Cardioloxía do Servizo Galego de Saúde

A adquisición de diferentes próteses valvulares aórticas, tricuspídeas e pulmonares transcatéter suporá un investimento de 35,6 millóns de euros  

11/07/2025 | 15:14 | C. de Sanidade

O concello da Laracha súmase á campaña especial Non esquezas doar antes de veranear da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue

A Laracha foi o municipio de maior taxa de doazón na bisbarra de Bergantiños en 2024, cunha participación de 54 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano

11/07/2025 | 13:51 | C. de Sanidade

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas por un importe de 1,3 M€ para programas de carácter sociosanitario no eido dos trastornos mentais

O Executivo galego incrementa nun 11,8 % a partida destinada ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a realización de actividades que melloren a calidade de vida destes pacientes

11/07/2025 | 13:44 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño subliña o salto na calidade asistencial acadado coas novas urxencias de Verín, que suman máis de 8.500 atencións en oito meses de funcionamento

Avanza que se prevé dotar o hospital dunha nova helisuperficie anexa ao novo edificio de Urxencias como actuación prioritaria no plan da Xunta para acondicionar estes espazos