Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reforza a coordinación institucional para mellorar a eficacia na loita contra os lumes na provincia da Coruña
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, presidiu hoxe a reunión do Comité Provincial da Coruña de Coordinación Policial contra os Incendios Forestais para a campaña de alto risco, na que tamén participou a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros
Villares e o alcalde do Incio analizan proxectos froito da colaboración entre a Xunta e o Concello
O delegado destaca as actuacións de mellora de infraestruturas rurais, así como o impulso dun novo obradoiro dual de emprego financiado polo Goberno galego e un campo de voluntariado enfocado á posta en valor do patrimonio cultural
A Xunta traballa na recuperación dos servizos esenciais e infraestruturas viarias nas zonas de Lugo e Ourense máis afectadas polas chuvias do 17 de xuño
Alfonso Rueda anuncia que “esta mesma tarde” o Goberno galego convocará ás Deputacións de ambas provincias para realizar en conxunto “unha análise minuciosa dos danos e concretar as necesidades de reparación”
A Xunta apoia a mellora do equipamento para o servizo ambiental de Trazo cunha achega de case 30.000 euros
A directora xeral de Administración Local comprobou as prestacións da retrocargadora adquirida en 2025 ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental
A Xunta activa para esta tarde a alerta laranxa por treboadas e chuvias na montaña de Lugo
Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal)
A Xunta realizará os vindeiros xoves e venres probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación en 41 presas galegas
A medida non afectará á actividade diaria da veciñanza e servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de rotura