Actualidade
Buscador de novas
A Unidade de Policía Nacional adscrita de Galicia esclarece dous conatos nos concellos ourensáns do Carballiño e Coles
Os dous foron consecuencia de queimas realizadas sen as medidas de seguridade necesarias
Belén do Campo preside a comisión territorial de coordinación cos directores territoriais para informar das medidas sobre o absentismo laboral e o concurso de traslados
Nesta liña, explicou que a Xunta avanzará na elaboración dun plan integral para reducir o impacto do absentismo en Galicia, dentro das súas competencias, co obxectivo de mellorar o funcionamento do sistema e garantir a protección dos dereitos tanto das empresas como das persoas traballadoras
A Xunta inicia a campaña de retirada de niños de avespa velutina tras a renovación por 1,7 M€ da encomenda a Seaga
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes explicou que a Xunta realiza esta renovación no marco do plan centralizado cos concellos que o ano pasado permitiu a eliminación ou neutralización de máis de 24.500 niños
Manuel Pardo lembra que a Xunta ten aberto o prazo da convocatoria de axudas para melloras nas infraestruturas municipais, dotada con 3,5 M€
O delegado territorial explicou que a través desta convocatoria, dirixida aos concellos de menos de 30.000 habitantes e cuxo prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 4 de maio, apoiase a execución de obras nas dependencias municipais, en prazas, parques, paseos e rúas, en redes de luz pública e na pavimentación de camiños municipais, entre outras
A Xunta investiu 120.000 euros na rehabilitación enerxética do polideportivo de Navia de Suarna
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou o resultado das obras, que serviron para corrixir humidades e mellorar os sistemas de calefacción e iluminación
Belén do Campo reuniuse coa Federación galega e clubs locais de tenis de mesa de Oroso para coñecer as súas necesidades destacando o compromiso da Xunta co deporte base
A delegada da Xunta reiterou o compromiso do Goberno galego co deporte destacando que o apoio continuado ás entidades deportivas é clave para garantir o seu crecemento e consolidación, así como para promover estilos de vida activos e saudables entre a cidadanía