Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.812 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

21/04/2026 | 15:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo reuniuse coa Federación galega e clubs locais de tenis de mesa de Oroso para coñecer as súas necesidades destacando o compromiso da Xunta co deporte base

A delegada da Xunta reiterou o compromiso do Goberno galego co deporte destacando que o apoio continuado ás entidades deportivas é clave para garantir o seu crecemento e consolidación, así como para promover estilos de vida activos e saudables entre a cidadanía

21/04/2026 | 13:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta alegacións ao abono único de transporte e denuncia falta de información e lealdade institucional do Goberno Central

O Goberno galego reclama nas alegacións que o avance neste programa do Executivo estatal respecte o reparto de competencias, garanta a sustentabilidade financeira dos sistemas de transporte autonómico e teña en conta as singularidades de cada territorio 

21/04/2026 | 13:37 | C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
21/04/2026 | 13:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública

Máis de 750 liñas de autobús da provincia de Pontevedra contan coa Plataforma Galega de Mobilidade MoBT impulsada pola Xunta

Permite o pago no autobús a través do teléfono móbil, eliminando a necesidade de acudir a unha oficina bancaria, de dispoñer dunha tarxeta e de recargar no caixeiro

21/04/2026 | 12:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza os servizos de transporte público entre Santiago e Alvedro polo peche temporal do aeroporto de Santiago por obras

Ata catro novos servizos diarios en cada sentido reforzarán a conexión entre Santiago de Compostela e o aeroporto da Coruña

21/04/2026 | 10:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Preto de 200 agrupacións de voluntarios de Protección Civil benefícianse do apoio da Xunta para os seus gastos de funcionamento

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións dotada con 370.00 euros 

20/04/2026 | 17:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo aborda co grupo de empresarios Vicus Gallaecia os retos para mellorar a mobilidade en Galicia

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes trasladou a postura do Goberno galego para captar rutas aéreas mediante a promoción turística en orixe, sumándose ao modelo proposto por AENA