Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 800 novas da área temática Economía:

16/06/2024 | 12:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

José González avalía coa Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais a importancia de reforzar a difusión e visibilización do traballo destas entidades

O titular de Emprego compartiu co máximo representante do colectivo en Galicia que é clave trasladar as vantaxes que ofrecen dentro da economía social 

14/06/2024 | 15:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta o papel de ViaGalicia na configuración dun ecosistema emprendedor galego sustentado no talento e na innovación

A directora do Igape, Covadonga Toca, clausura a 7ª edición dunha aceleradora que ten impulsado ata o de agora a creación de 93 empresas das que preto do 70% seguen activas, xerando máis de 500 postos de traballo e 45 millóns de facturación

14/06/2024 | 12:37 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia reduciu a súa débeda en máis de 200 M€ no último ano e 1,4 puntos a ratio débeda/PIB

O incremento puntual do endebedamento no primeiro trimestre de 2024 vén provocado pola falta de actualización por parte do Goberno central das entregas a conta do sistema de financiamento autonómico

13/06/2024 | 18:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta polo impulso da madeira como elemento estrutural na construción cunha liña de axudas de 5 M€

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, inaugurou o curso de formación Cálculo de estruturas de madeira organizado pola USC

13/06/2024 | 16:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa novos obradoiros de dixitalización que promoven proxectos colaborativos para potenciar a transformación dixital e sustentable das pemes galegas

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución dunha nova convocatoria deste programa, que suma 34 novos obradoiros aos que se destinan máis de 600.000 euros para promover espazos de colaboración que capaciten ás empresas na preparación de proxectos avanzados cara aos principais retos da economía

13/06/2024 | 15:58 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pón en valor a colaboración institucional e social como chave para o desenvolvemento económico e industrial de Galicia

Sinala a importancia de seguir investindo en infraestruturas portuarias para ter un sistema loxístico axeitado ás necesidades de Galicia

12/06/2024 | 14:52 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta aplaude a decisión do Consejo Jacobeo de que os beneficios fiscais para as empresas que apoien o Xacobeo 2027 se amplíen a tres anos completos

A proposta foi impulsada polo Goberno galego e defendida hoxe polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, na Comisión executiva desta entidade

12/06/2024 | 13:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avoga na Coruña pola Responsabilidade Social Empresarial para construír unha Galicia máis competitiva e integradora

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández interveu hoxe na inauguración das Xornadas Corresponsables A evolución e tendencias da sustentabilidade e a comunicación responsable