Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.118 novas da área temática Turismo:

05/09/2026 | 13:38 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta promove a diversidade dos Entroidos Tradicionais como atractivo turístico de Galicia cun gran desfile en Santiago de máis de 500 participantes

Turismo de Galicia impulsa este desfile para achegar aos visitantes a diversidade dos 20 Entroidos tradicionais participantes e reforzar a desestacionalización turística

04/09/2026 | 14:16 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta
04/09/2026 | 13:00 | Axencia de Turismo de Galicia

Belén do Campo anima aos establementos turísticos a solicitar as axudas da Xunta de 9 M€ para a mellora da eficiencia enerxética dos seus establecementos

A delegada da Xunta informou que os establecementos interesados poderán solicitar as axudas desta convocatoria desde o próximo luns 7 de setembro, ata o 7 de decembro deste ano agás que se esgote antes o crédito

03/09/2026 | 15:07 | Axencia de Turismo de Galicia

O Revenidas converte Vilaxoán nun gran escenario da música alternativa e da cultura galega co apoio dos Concertos do Xacobeo

O festival celebrarase do 10 ao 13 de setembro cunha programación que combina música, gastronomía, circo e actividades para diferentes públicos

03/09/2026 | 12:46 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta amosa en Santiago de Compostela este sábado a singularidade dos Entroidos Tradicionais de Galicia cun desfile que reunirá 20 celebracións

Este sábado 5 de setembro, a capital galega reunirá 20 Entroidos, cinco deles declarados Festa de Interese Turístico, nun desfile que achegará ao público a singularidade dunha das manifestacións máis características da identidade cultural galega

03/09/2026 | 12:09 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta achega preto de 221.000 euros a 12 negocios turísticos da Mariña para modernizar as súas instalacións

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explica que aloxamentos e restaurantes de Barreiros, Ribadeo, Burela, Foz, Viveiro, O Vicedo e A Pontenova beneficiáronse das axudas deste ano para melloras as súas infraestruturas

02/09/2026 | 14:24 | Axencia de Turismo de Galicia

O comisario do Xacobeo 2027 destaca a importancia da alianza co tecido empresarial para ampliar o alcance da celebración do Ano Santo

A empresa de distribución alimentaria incrementa máis do 10% a colaboración do último Xacobeo, achegando nesta edición un millón de euros

01/09/2026 | 16:49 | Axencia de Turismo de Galicia

O Recorda Fest atraerá á Coruña a miles de visitantes na recta final do verán co apoio dos Concertos do Xacobeo

O festival celebrarase os días 4 e 5 de setembro no Porto da Coruña cunha programación que combina pop, rock, música urbana e atractivas propostas para diferentes xeracións

01/09/2026 | 11:59 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta lanza unha nova campaña para reforzar o Selo Galicia Calidade como distintivo de garantía dos produtos e servizos galegos

Incluirá anuncios en televisión, radio, prensa dixital e escrita, así como con materiais para soportes urbanos