Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 613 novas da área temática Consumo:

16/11/2025 | 12:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta eleva aos 8,9 M€ as axudas a novos proxectos emprendedores coas que promove a remuda xeracional e a continuidade de negocios asentados no territorio

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a ampliación de crédito da convocatoria de 2025 destas achegas, que tiñan inicialmente 6,7 M€ de orzamento, polo que se produce un aumento de case un 33 % co gallo de acadar as 800 entidades beneficiarias

13/11/2025 | 19:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta ofrece un cofinanciamento coa Deputación e os praceiros para desbloquear o futuro da Praza de Abastos Nº1 tras a negativa do Concello a participar

Tras a reunión con representantes da Deputación de Ourense e da Asociación de Comerciantes e Industriais da Praza, José González ofreceu un cofinanciamento a tres para suplir o que debería facer o Concello nun edificio de titularidade municipal

12/11/2025 | 19:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a aposta pola modernización dos negocios recoñecidos cos Premios do Comercio Galego 2025 e presenta a nova imaxe para impulsar o sector

González felicitou a Creativas Galegas (Premio Comercio Galego), a Panadería Pallares (Premio Traxectoria), a Amoras (Premio Emprende), a Viveiro Centro Comercial Histórico (Premio Dinamización) e a Arroupa (Premio Sostible), así como aos finalistas 

10/11/2025 | 13:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reunirá este mes na Ribeira Sacra a máis de 60 expertos e 30 empresas tractoras no foro Ultreia sobre emprendemento ligado ao territorio

O encontro consistirá en dúas xornadas, unha o 27 de novembro, na que participantes de distintas rexións europeas realizarán experiencias inmersivas no territorio e o día 28 será o congreso no Monasterio de Santo Estevo de Ribas de Sil

06/11/2025 | 20:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Mar

A Xunta destaca a 2ª edición dos Premios Benfeito de Consumo por consolidar as boas prácticas, innovación e compromiso das empresas coas persoas consumidoras

José González puxo en valor o certame da Unión de Consumidores de Galicia, á vez que considerou que todo negocio debe garantir non só o acceso aos seus produtos ou servizos, senón tamén a atención antes, durante e despois da experiencia de consumo

06/11/2025 | 15:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Martina Aneiros anima a descargar o Bono Activa Comercio co que acceder a descontos de ata 30 euros nos negocios retallistas

A delegada territorial da Xunta en Ferrol informou da nova convocatoria durante unha visita a un dos establecementos adheridos, O Muíño do Fabal, en Narón

06/11/2025 | 14:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo anima aos cidadáns a participar na nova edición da campaña Activa Comercio dotada cun orzamento de 2,5 M€

Esta campaña inclúe descontos de ata 30 € coa previsión de mobilizar máis de 8,5 M€ en vendas

05/11/2025 | 20:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta entrega en Barbadás os premios da 10ª campaña da iniciativa ‘Merca no teu comercio’ en Ourense

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no acto no que se repartiron 20 tarxetas prepago de 50 euros entre as persoas participantes

05/11/2025 | 12:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta a acollida da nova edición dos bonos Activa Comercio con máis de 620.000 euros mobilizados nos comercios ahderidos no arranque da campaña

José González destacou o éxito desta iniciativa que conta con máis de 6.000 negocios adheridos en toda Galicia e volve rexistrar unha resposta masiva da cidadanía, con arredor de 61.500 bonos xa descargados ás 11,00 h.