Actualidade
Buscador de novas
A Xunta de Galicia destinará máis de 10,6 M€ a 23 obradoiros duais de emprego da provincia de Pontevedra nos que se formarán preto de 460 persoas
José González destaca que o Goberno autonómico inviste case 455.000 euros na iniciativa impulsada polo Concello do Porriño para este ano e o que vén, grazas á que unha vintena de persoas combinarán formación e emprego durante nove meses
A Xunta implementará a través da aplicación móbil de EMi novos recursos a prol da empregabilidade como un xerador de currículos con intelixencia artificial
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego avanzou hoxe no Parlamento que a app ligada á ferramenta de IA que está a posibilitar o perfilado competencial no Servizo Público de Emprego de Galicia estará activa este semestre
Galicia rexistra o mellor agosto en afiliacións con 1.134.483 cotizantes e iguala o mínimo de paro para ese mes acadado hai un ano con 109.691 persoas
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración valorou hoxe os últimos datos de desemprego e afiliacións á Seguridade Social e destacou que a cifra de cotizantes é a segunda mellor rexistrada nunca, só por detrás do máximo absoluto logrado en xullo
A Xunta apoia a contratación de 250 orientadores laborais en preto de 125 concellos e entidades sociais
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de 2026 destas achegas que, cun investimento superior aos 8,2 M€, permitirán financiar 87 postos en entidades locais e 163 en entidades sen ánimo de lucro
A Xunta investiu máis de 1,2 millóns de euros na promoción do emprego no concello de Ponteareas
O delegado territorial visitou a nova oficina de emprego que contou cun orzamento de máis de 400.000 euros
A Xunta inviste máis de 450.000 euros no obradoiro de emprego que comparten Paradela, Láncara e Samos
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, comprobou hoxe as melloras que se están a executar no exterior do colexio público de Paradela, onde tamén se encargarán de acondicionar tres miradoiros
Belén do Campo e a alcaldesa de Ribeira supervisan os traballos do obradoiro de emprego de carpintaría na escola infantil municipal e de mellora de montes na parcela de San Roque
A representante do Goberno autonómico informou que este taller formativo, organizado en colaboración co Concello do Porto do Son, conta cun investimento de case 547.000 euros, para formar a 20 desempregados no eido de mantemento forestal e carpintaría e moble e que se está desenvolvendo desde o pasado 1 de xullo ata o 28 de febreiro de 2027
Belén do Campo e a alcaldesa de Ribeira supervisan os traballos do obradoiro de emprego de carpintaría na escola infantil municipal e de mellora de montes na parcela de San Roque
A representante do Goberno autonómico informou que este taller formativo, organizado en colaboración co Concello de Porto do Son, conta cun investimento de case 547.000 euros, para formar a 20 desempregados no eido de mantemento forestal e carpintaría e moble e que se está desenvolvendo desde o pasado 1 de xullo ata o 28 de febreiro de 2027
Máis de 1.400 proxectos xa foron asesorados en Ourense a través da rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Xunta de Galicia
Ademais, os catro polos do Barco de Valdeorras, Baños de Molgas, O Carballiño e Verín teñen contribuído á creación de máis de 150 novas empresas, consolidando esta iniciativa como unha das principais vías de canalización das novas ideas de negocio