Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.368 novas da área temática Administración pública:

29/05/2026 | 10:35 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta convoca un concurso de traslados para as escalas de informática que fará de proxecto piloto para o novo modelo de concurso aberto e permanente

Permitirá testar a nova ferramenta informática deseñada para este fin, e, en función dos resultados obtidos, introducir os axustes técnicos necesarios antes da implantación xeral do modelo

28/05/2026 | 16:35 | C. do Mar

Galicia recoñece unha nova OPP e lidera o número de organizacións de produtores pesqueiros en España

Co recente recoñecemento de Amescruz, Sociedade Cooperativa Galega (OPP-99), a comunidade conta con dez OPPs autonómicas, o que supón o 33 % das existentes no conxunto do Estado

26/05/2026 | 18:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza no proceso de escoita e diálogo sobre a reforma da Lei de Administración Local de Galicia cunha reunión coa Deputación provincial de Ourense

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou neste encontro xunto co presidente da deputación ourensá, Luis Menor, e representantes do organismo provincial para abordar as súas achegas ao anteproxecto

26/05/2026 | 15:03 | C. de Facenda e Administración Pública

Valeriano Martínez recibe un recoñecemento póstumo polo seu compromiso co emprego público inclusivo

O acto tivo lugar no marco da xornada Construíndo Emprego, organizada por Fademga, que pon en valor o acceso ao emprego das persoas con discapacidade intelectual

22/05/2026 | 20:33 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta participa na entrega dos Premios Ártabros a organismos, entidades e persoas destacadas na área de Ferrolterra

O acto celebra o décimo quinto aniversario do xornal Galicia Ártabra, que entregou 15 galardóns para conmemorar a efeméride

22/05/2026 | 16:50 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta terá publicadas a vindeira semana as convocatorias de 12 procesos selectivos con máis de 600 prazas ofertadas

Trátase dun avance dos 41 procesos que se convocarán en 2026, cun total de 2.039 prazas

22/05/2026 | 11:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lembra aos concellos que o prazo para optar á actual convocatoria para investimentos en proxectos estratéxicos remata o 8 de xuño

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes explicou que a orde deste ano incrementa o orzamento ata os 10M€ no marco das achegas do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local respecto aos 8M€ das dúas convocatorias anteriores