Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.445 novas da área temática Agricultura e gandería:

05/06/2026 | 21:34 | C. do Medio Rural

María José Gómez sinala a Bienal de Cartelismo de Terras Gauda como un punto de encontro global do deseño gráfico e a creación vencellada ao viño

A conselleira do Medio Rural sinalou que este certame é un xeito de contarlle ao mundo a realidade galega, caracterizada por un medio rural moderno, creativo e innovador, a través do viño das Rías Baixas

05/06/2026 | 16:46 | C. do Medio Rural

María José Gómez define Elmega coma un referente da innovación do sector agrogandeiro en Galicia

A conselleira do Medio Rural clausurou o acto celebrado en Santa Comba polo seu 50 aniversario, no que destacou a capacidade produtiva e calidade desta empresa

05/06/2026 | 16:04 | C. do Medio Rural

A Xunta mobilizará máis de 2,1 M€ no período 2025-2027 co Plan de conservación dos recursos xenéticos agrarios

Así o destacou o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, na súa comparecencia, a petición propia, na Comisión 7ª do Parlamento para informar sobre este programa

05/06/2026 | 12:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao proxecto dunha plantación de arandos no concello de Moeche

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que esta iniciativa teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

04/06/2026 | 20:13 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda destaca a puxanza da Feira Abanca Semana Verde, coa maior participación expositiva en 19 anos, e reivindica o evento como un gran escaparate de Galicia

Salienta a evolución dos últimos anos a nivel de participación, internacionalización e profesionalización, “sen perder a súa esencia no sector primario”

04/06/2026 | 15:23 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca a execución nun 99,3% de fondos do programa de desenvolvemento rural, por riba da media nacional e europea

Salientou que este programa mobilizou máis de 1.600 millóns de euros de investimento público no rural galego

04/06/2026 | 13:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. do Medio Rural

Belén do Campo destaca a boa acollida en Vilasantar entre os 55 alumnos participantes no programa de distribución de leite e froitas nas escolas no curso 25/26 para fomentar hábitos saudables

Esta liña de subvencións da Consellería do Medio Rural, en concorrencia non competitiva, contou este curso cun orzamento superior ao millón de euros para toda Galicia

03/06/2026 | 13:23 | C. do Medio Rural

Un total de 41 proxectos recibirán 2,1 M€ para a creación de novos empregos e dinamizar o rural

A Consellería do Medio Rural publica hoxe no DOG a resolución pola que se dá publicidade a estas axudas, que supoñen a mobilización de arredor de 5,2 M€