Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor a Feira Galega de Artesáns que acollerá Ribadavia do 1 ao 3 de maio coincidindo coa 63ª edición da Feira do Viño do Ribeiro
José González enmarca a feira na colaboración da Fundación Artesanía de Galicia coa Asociación Galega de Artesáns (AGA), que suporá a celebración deica setembro dunha ducia destas feiras, das que xa tiveron lugar as de Ferrol e Padrón
A Xunta leva a iniciativa ‘Prato de mercado’ a Vigo no marco da súa aposta por consolidar as sinerxías entre as prazas de abastos e a gastronomía galega
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participaron hoxe —no mercado do Calvario— no encontro coa hostalaría local Do mercado aos teus pratos
Ana Ortiz destaca o apoio da Xunta ao comercio local cunha nova campaña do Día da Nai na Zona Náutico
A delegada territorial en Vigo salienta a iniciativa para “promover o consumo nos establecementos de proximidade”
A Xunta destaca Riotorto como epicentro da artesanía do ferro
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu á 17ª edición da Feira do Ferro de Riotorto, un evento monográfico de posta en valor dos oficios vinculados ao ferro
A Xunta reforza en Ribadeo o seu compromiso co comercio de proximidade como motor económico e exemplo de emprendemento ligado ao territorio
José González destaca as mesas locais de comercio como espazos de colaboración entre administración, sector e persoas consumidoras para responder ás necesidades específicas de cada contorna e que se ven reforzados coa Mesa do Comercio de Galicia
Manuel Pardo anima aos establecementos comerciais da provincia de Ourense a que se adhiran á campaña dos bonos Activa Comercio da Xunta
O delegado territorial lembrou que a apertura do prazo de adhesión é un paso previo á activación dos bonos para a cidadanía, cuxos prazos se concretarán nas correspondentes convocatorias
A Xunta crea a Mesa do Comercio de Galicia para impulsar a colaboración entre administracións e axentes implicados en beneficio do sector comercial
González enmarca o novo órgano colexiado consultivo e de participación no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, como reforzo das Mesas Locais que xa existen para coordinar as accións de concellos e asociacións de comerciantes
A Xunta leva o proxecto Artesanía na Escola a centros de Samos e Baralla
Os artesáns Elena Ferro e Xosé Manuel Sanín achegáronse esta mañá ata o CEIP de Samos e o CPI Luís Díaz Moreno, de Baralla, para facer demostracións da elaboración de zocos e da construción de pandeiretas