Actualidade
Buscador de novas
Manuel Pardo conciencia aos alumnos do CEIP Saco e Arce de Toén sobre a importancia da prevención dos incendios forestais
O delegado territorial participou esta mañá na charla de formación e sensibilización sobre incendios forestais a 50 alumnos do colexio CEIP Saco e Arce de Toén, co fin de explicar o traballo que realiza o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF) e as instalacións existentes na nosa provincia
Xa son 292 os concellos que solicitaron a súa adhesión ao convenio de xestión da biomasa de Medio Rural
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, presidiu esta tarde a comisión de seguimento deste acordo, asinado entre a Consellería e a empresa pública Seaga
Lorenzana destaca a aposta da Xunta por incentivar o uso da madeira na construción cun investimento de 9 M€ en cinco anos
Informa de que a Xera xa traballa nunha nova convocatoria de axudas para este ano que, previsiblemente, se publicará antes do verán
A Xunta e a Universidade do Porto colaboran na organización dun congreso internacional sobre a investigación de incendios forestais
O director xeral de Defensa do Monte mantivo hoxe unha xuntanza de traballo coa profesora Fantina Tedim para avanzar na organización conxunta deste evento
A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia esclarece dous conatos de incendio nos concellos ourensáns de Entrimo e de Maside
Os dous conatos foron consecuencia de queimas realizadas sen as medidas de seguridade necesarias
Extinguido o incendio forestal do concello coruñés de Carballo, parroquia de Noicela
O lume, que se iniciou onte ás 14.20 horas xuntouse con outro rexistrado na localidade limítrofe da Laracha, parroquia de Caión, afectou finalmente unha superficie de 186,5 hectáreas das cales 105,5 se corresponden con monte arborado e 81 con raso
Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 18.00 horas
Extinguido o incendio do concello pontevedrés de Ponteareas, parroquia de Ribadetea, que finalmente afectou unha superficie de 750 hectáreas, das cales 550 se corresponden con monte arborado e as 200 restantes de raso