Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.389 novas da área temática Comercio:

19/08/2026 | 12:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Sanxenxo novas fórmulas de comercialización da Artesanía de Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegáronse esta mañá ata a tenda efémera Summer Shop D-Due & Artesanía de Galicia, aberta ao público ata finais de mes

16/08/2026 | 10:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa unha nova edición do programa Innovación e Talento Novo a prol da conexión entre o ecosistema emprendedor e o ámbito universitario

Neste sentido, as persoas emprendedoras interesadas en inscribirse poderán facelo ata o 21 de agosto a través de U4impact

14/08/2026 | 15:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reafirma o seu compromiso coa olería tradicional no XII encontro de Cacharreiros de Niñodaguia

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron esta mañá na inauguración desta cita, que conta un ano máis coa colaboración do Goberno galego

13/08/2026 | 13:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que está aberto o prazo de solicitudes do Bono Remuda con apoios tanto a quen asume o negocio como a quen o traspasa por xubilación

José González expón que esta liña de achegas, incluída na orde única de axudas ás persoas traballadoras autónomas, conta cun orzamento de 1,5 M€, o que supón unha suba dun 20% en relación coa convocatoria anterior

11/08/2026 | 16:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta en Outes o papel de Adisbismur a prol da creación de emprego inclusivo nos concellos da contorna da ría de Muros e Noia

José González destacou a contribución dos centros especiais de emprego á autonomía das persoas con discapacidade e á súa participación plena na sociedade

11/08/2026 | 12:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Manuel Pardo resalta os preto de 263.000 € que a Xunta destina a prol da dinamización de seis centros comerciais abertos da provincia de Ourense

O delegado explicou que a Asociación de Comerciantes Empresarios e Profesionais do Centro Comercial Aberto de Ourense, foi beneficiaria dunha achega de preto de 44.000 euros, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración dentro das axudas para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia